Nuevo webinar el 25 de junio: la corresponsabilidad y la conciliación en la realidad de la empresa

Inscríbete na próxima webinar sobre a corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa, que terá lugar o próximo 23 de xuño ás 16.30 horas. As prazas son limitadas segundo orde de inscrición, que podes realizar na seguinte ligazón: bit.ly/Webinar_23-06-21

A implantación de medidas que garantan a igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes é unha obrigación de todas as empresas, teñan ou non plan de igualdade.

Dentro de estas atópanse as medidas de conciliación que non só promoven a igualdade, senón tamén melloran o clima laboral, reducen o absentismo, reteñen o

talento feminino e melloran a produtividade e a imaxe publica da empresa. En resumo, contribúen a reforzar a súa responsabilidade social empresarial.

Nesta webinar informarase sobre medidas concretas de fomento da conciliación e levarase a cabo unha mesa redonda de empresas galegas pioneiras na implantación destas medidas.

Programa:

16.30 – Introdución a medidas de conciliación e corresponsabilidade.

  • Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora Xeral de Relacións Laborais.

16.45 – Medidas concretas a aplicar polas empresas.

  • Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

17.20 – Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas na implantación de medidas de conciliación.

  • Modera: Carlos Gómez Martínez. Subdirector Xeral de Relacións Laborais.
  • José Yera Fachal. Director de Recursos Humanos. HIJOS DE RIVERA SL.
  • Luz Cachafeiro García. Avogada na área de relacións laborais. Coordinadora de Igualdade. FINANCIERA MADERERA SA (FINSA).
  • Gema Panadero Cruz. Xerente. CONSULTORA DE INGENIERIA Y EMPRESA SL ( CIESA).

18.00 – Peche da xornada

Descargar PDF