Inscríbete na próxima webinar sobre a corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa, que terá lugar o próximo 23 de xuño ás 16.30 horas. As prazas son limitadas segundo orde de inscrición, que podes realizar na seguinte ligazón: bit.ly/Webinar_23-06-21

A implantación de medidas que garantan a igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes é unha obrigación de todas as empresas, teñan ou non plan de igualdade.

Dentro de estas atópanse as medidas de conciliación que non só promoven a igualdade, senón tamén melloran o clima laboral, reducen o absentismo, reteñen o

talento feminino e melloran a produtividade e a imaxe publica da empresa. En resumo, contribúen a reforzar a súa responsabilidade social empresarial.

Nesta webinar informarase sobre medidas concretas de fomento da conciliación e levarase a cabo unha mesa redonda de empresas galegas pioneiras na implantación destas medidas.

Programa:

16.30 – Introdución a medidas de conciliación e corresponsabilidade.

  • Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora Xeral de Relacións Laborais.

16.45 – Medidas concretas a aplicar polas empresas.

  • Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

17.20 – Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas na implantación de medidas de conciliación.

  • Modera: Carlos Gómez Martínez. Subdirector Xeral de Relacións Laborais.
  • José Yera Fachal. Director de Recursos Humanos. HIJOS DE RIVERA SL.
  • Luz Cachafeiro García. Avogada na área de relacións laborais. Coordinadora de Igualdade. FINANCIERA MADERERA SA (FINSA).
  • Gema Panadero Cruz. Xerente. CONSULTORA DE INGENIERIA Y EMPRESA SL ( CIESA).

18.00 – Peche da xornada

Descargar PDF

Categorías

Conciliación

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Decembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
As achegas á igualdade laboral no ano 2022
22 Decembro 2022
O ano 2022 foi un período no que desde a Xunta de Galicia...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022
20 Decembro 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,...
SEGUIR LENDO >
Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
20 Decembro 2022
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.