Igualdade Laboral

  • Galego
  • Español
  • Presentación
    • A igualdade como concepto
    • Igualdade laboral
    • Conceptos básicos
  • NORMATIVA
  • PLAN DE IGUALDADE
    • Lexislación que os regula
    • Para que serven. Vantaxes e beneficios
    • Quen intervén no proceso
    • Procesos e prazos
    • Como se elaboran
      • Consellos
      • Recursos
    • Rexistro, certificación e acreditación
    • Implantación, seguimiento e avaliación
    • Axudas e subvencións
    • Preguntas frecuentes
  • Conciliación
    • Medidas de conciliación
      • Medidas de flexibilidade temporal
      • Medidas de flexibilidade espacial
      • Servizos de atención as persoas
      • Medidas de adaptación do posto de traballo
      • Beneficios sociais
    • Normativa e axudas específicas
  • Formación
  • Recursos
  • Novas
  • Galego
  • Español
  • Presentación
    • A igualdade como concepto
    • Igualdade laboral
    • Conceptos básicos
  • Normativa
  • Plan de igualdade nas empresas
    • Lexislación que os regula
    • Para que serven. Vantaxes e beneficios
    • Quén intervén no proceso
    • Procesos e prazos
    • Como se elaboran
      • Consellos
      • Recursos
    • Rexistro, certificación e acreditación
    • Implantación, seguimento e avaliación
    • Axudas e subvencións
    • Preguntas frecuentes
  • Conciliación
    • Medidas de conciliación
      • Medidas de flexibilidade temporal
      • Medidas de flexibilidade espacial
      • Servizos de atención as persoas
      • Medidas de adaptación do posto de traballo
      • Beneficios sociais
    • Normativa e axudas específicas
  • Formación
  • Recursos
  • Novas

Plan de igualdade nas empresas > Quén intervén no proceso

Quen intervén no proceso

As partes implicadas no proceso de posta en marcha, deseño, elaboración e implantación do Plan de Igualdade, son:

Persoal

A súa participación, comentarios e opinións son de vital importancia tanto para a detección de posibles desigualdades como para a definición das propostas de mellora; razón pola cal, o proceso debe ser aberto, participativo, transparente e bidireccional. A súa participación é fundamental durante a diagnose, a implantacion e seguimento do plan, e tamén a avaliación do mesmo.

Persoas expertas en igualdade

Pode ser necesario contar co asesoramento técnico de persoas expertas en materia de igualdade entre mulleres e homes ao longo de todo o proceso ou nalgunha das súas fases e actuacións de sensibilización, formación interna, elaboración do diagnóstico, definición de indicadores de mellora ou desenvolvemento de procedementos.

Representación legal da empresa

Ten a lexitimación para promover a posta en marcha da negociación do plan de igualdade.

Dirección da empresa

É a responsable de garantir a igualdade de trato e de oportunidades no seo da empresa, polo que debe intervir en todo o proceso, desde a máis alta dirección ata as persoas responsables de diferentes áreas ou departamentos, en especial o departamento de RRHH (no caso de que exista). Terá as seguintes responsabilidades: o compromiso coa realización do Plan, a información ao conxunto do persoal e a asignación de recursos para o desenvolvemento de todo o proceso.

Representación legal do persoal

O seu papel é fundamental en todas as fases do proceso de elaboración, negociación e avaliación e seguimento e como axente transmisor da información ao conxunto do persoal, xa que vai formar parte da Comisión negociadora do plan.

En canto ás comisións, existen dúas implicadas e relacionadas entre sí:

Comisión negociadora do plan

  • Será a encargada da realización do diagnóstico de situación da empresa, negociar e aprobar o Plan, velar pola súa correcta aplicación e participar no cumprimento (para esto poderá designarse unha Comisión de Seguemento e Avaliación que substitúe á anterior).
  • Composición: Deberá ser paritaria. Recoméndase que haxa un equilibrio entre mulleres e homes.

Comisión de seguemento do plan

  • Será designada, no seu caso, pola Comisión negociadora, como a encargada de velar pola correcta aplicación do Plan de Igualdade e participar no cumplimento.
  • Composición. Deberá ser paritaria. Recoméndase que haxa un equilibro entre mulleres e homes.
* En canto á Representación legal do persoal, teñen lexitimación para formar parte da comisión negociadora do plan:

Nas empresas con representación legal das persoas traballadoras

O comité de empresa e/ou as delegadas/os de persoal ou as seccións sindicais cando as haxa, o acorden entre elas e, no seu conxunto, sumen maioría de persoas membros do comité de delegadas e delegados de persoal. No caso das empresas con varios centros de traballo, o comité intercentros se o hai e ten competencias establecidas para a negociación.
  • Os centros CON representación legal do persoal, a comisión negociadora estará formada polas representantes das persoas traballadoras dese centro.
  • Os centros SEN representación legal do persoal, a comisión negociadora estará formada pola representación sindical constituída segundo o indicado nos casos de empresas sen representación legal do persoal. Neste caso, a comisión negociadora estará composta por un máximo de 13 persoas membro por cada unha das partes.

Nas empresas que non contan con representación legal do persoal

Crearase unha comisión negociadora formada pola representación da empresa e por unha representación das persoas traballadoras que estará integrada polos sindicatos máis representativos e polos sindicatos representativos do sector ao que pertenza a empresa con lexitimidade para formar parte da comisión negociadora do convenio colectivo de aplicación. A comisión contará cun máximo de 6 persoas membro por cada parte. A representación sindical conformarase en proporción á representatividade no sector, garantindo a participación de todos os sindicatos con lexitimidade para participar e que respondan á convocatoria da empresa nun prazo de 10 días.

Nos grupos de empresas

Segundo o artigo 87 do Estatuto das persoas traballadoras, a comisión negociadora estará formada por:
  • Os sindicatos máis representativos a nivel estatal, así como, nos seus respectivos ámbitos, as organizacións sindicais afiliadas, federadas ou confederadas aos mesmos.
  • Os sindicatos máis representativos a nivel autonómico respecto dos convenios que non transcendan dese ámbito territorial, así como, nos seus respectivos ámbitos, as organizacións sindicais afiliadas, federadas ou confederadas aos mesmos.

A continuación vemos en que proceso de elaboración e implantación do plan de igualdade participa cada unha das partes intervenientes:
POSTA EN MARCHA
Proceso:
  • Comunicación escrita de apertura da negociación.
  • Constitución da Comisión negociadora.
Quén intervén:
  • Representación legal da empresa.
  • Representación legal do persoal.
DIAGNÓSTICO
Proceso:
  • Elaboración do diagnóstico de situación da empresa.
Quén intervén:
  • Comisión negociadora do plan.
  • Persoal.
  • Persoas expertas en igualdade.
ELABORACIÓN DO PLAN DE IGUALDADE
Proceso:
  • Deseño e elaboración do plan de igualdade.
Quén intervén:
  • Comisión negociadora do plan.
  • Persoas expertas en igualdade.
IMPLANTACIÓN
Proceso:
  • Comprobación do grao de implantación das medidas e valoración dos resultados.
Quén intervén:
  • Dirección da empresa.
  • Representación legal do persoal.
  • Comisión negociadora do plan.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Proceso:
  • Valoración do grao de consecución dos obxectivos, resultados e impacto do plan na empresa.
Quén intervén:
  • Dirección da empresa.
  • Representación legal do persoal.
  • Persoal.
  • Comisión de seguimiento do plan.
REXISTRO NO REGCON
Proceso:
  • Rexistro obrigatorio do plan de igualdade.
Quén intervén:
  • Designarase unha persoa representante da empresa para proceder ao rexitro do plan no REGCON.

Máis información

Procesos e prazos
como se elaboran
Escola virtual de igualdade
Ferramenta de avaliación

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.





    Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
    • Atención a cidadanía
    • Suxestións e queixas
    • Aviso legal
    Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
    • Atención a cidadanía
    • Suxestións e queixas
    • Aviso legal
    Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para proporcionar un consentimento controlado.
    Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á da AEPD que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
    AxustesAceptar
    Política de privacidade e cookies

    Resumen de privacidade

    Este sitio web emprega cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. As cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender cómo emprega este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria de algunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
    Cookies necesarias
    As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
    Cookies non necesarias
    As cookies que poden non ser particularmente necesarias para o funcionamento do sitio web e se empregan específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obligatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.
    GARDAR E ACEPTAR