Para que serven. Vantaxes e beneficios
Crear unha nova cultura empresarial entre as empresas
Mellorar a súa imaxe externa
Eliminar as desigualdades entre traballadores e traballadoras
Conseguir o equilibrio de sexos nas estruturas de persoal
O que favorece unha fidelización do persoal máis idóneo.
Previr o acoso sexual e por razón de sexo na organización


Garantir as mesmas oportunidades de formación e promoción empresarial na empresa
Asegurar que a selección de persoal se realiza sen distincións de xénero
Procurar a igualdade retributiva entre as persoas que desenvolvan os mesmos traballos
Favorecer a conciliación laboral, persoal e familiar desde a corresponsabilidade
E estas medidas, achegan ás empresas que teñan implantado un Plan de Igualdade as seguintes vantaxes e beneficios:
Mellora a produtividade:
A revisión da organización da empresa permite establecer melloras nas quendas de traballo, os tipos de contrato, os salarios, etc. incrementando a eficacia da organización e a súa produtividade.
Fideliza, atrae e retén o talento:
A optimización da xestión do talento na empresa favorece o desenvolvemento da creatividade e a innovación, favorecendo a motivación do persoal e, á vez, fortalecendo a reputación empresarial.
Mellora a imaxe EXTERNA:
A implantación dun plan de igualdade axuda a transmitir o compromiso real da empresa coa responsabilidade social, o que se traduce nun recoñecemento por parte do mercado.
Fomenta a diversidade no lugar de traballo:
Incrementa a diversidade de perspectivas, axuda a desenvolver a creatividade, aumenta a motivación e a produtividade.
Mellora a imaxe INTERNA:
Mellora a comunicación co persoal, que se sinte máis integrado e partícipe da empresa, o cal fortalece a reputación da empresa.
Racionaliza os horarios:
A mellora na xestión do persoal contribúe a un uso dos tempos máis racional e a unha xestión das persoas moderna e máis eficiente.
Reduce o absentismo laboral:
A mellora na xestión do persoal, establecendo medidas para a conciliación, a flexibilidade laboral, etc. reduce o estrés e diminúe as baixas laborais.
Mellora a xestión da empresa:
Establece a prevención para detectar situacións de discriminación, adoptar a tempo as medidas correctoras e actuar de forma eficiente para evitar a conflitividade laboral.
Mellora o clima laboral:
Aplicar medidas igualitarias axuda a xerar un clima de confianza e mellora a motivación das persoas no entorno laboral, o seu rendemento e calidade do traballo; xa que se reduce a conflitividade.
Vantaxes competitivas na relación coa Administración pública:
Achega unha maior baremación de puntos para as empresas que teñan implantado un plan de igualdade á hora de establecer contratos coa administración pública ou para a obtención de axudas e subvencións.
Máis información
Subscríbete ao noso boletín
E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.