Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de igualdade e de oportunidades na promoción profesional e, especialmente no acceso das mulleres para ocupar postos de responsabilidade.
4 horas
En liña e ao teu ritmo
Dispoñible no teu móbil
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Ruth Vallejo da Costa, Profesora de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Zaragoza
Trinidad Campos, Secretaria de igualdade de UGT Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de setembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Abanca que nos exporá a súa experiencia na promoción profesional con perspectiva de xénero.
Que inclúe este curso?
A discriminación social da muller e o dereito de participación
Liderazgo feminino: participación nos procesos de toma de decisións
Paridade, cotas e accións positivas
Infrarrepresentación feminina e accións positivas
Obxectivo dos Plans de Igualdade
Segregación horizontal e vertical e a adecuada valoración dos postos de traballo
Diagnóstico nos PI: proceso de selección, contratación, formación e promoción profesional
Contido dos Plans de Igualdade respecto da promoción profesional: folla estatística dos Plans de Igualdade
Obxectivos e accións na promoción profesional nos Plans de Igualdade
Propostas respecto da promoción profesional no III Plan de Igualdade da AGE
Medidas de mellora:
- – A previsión de dar preferencia ás traballadoras para cubrir postos en áreas ou grupos masculinizados ante idénticas condicións de idoneidade nos procesos de promoción profesional
- – A incorporación de candidaturas femininas nos procesos de promoción profesional, para fomentar a representación equilibrada de mulleres e homes na empresa.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo.
Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
16:05 – 17:20 h A promoción profesional con perspectiva de xénero
Ruth Vallejo da Costa
17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
17:45 – 17:50 h Descanso
17:50 – 19:05 h Medidas de mellora na promoción profesional
Trinidad Campos
19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
19:30 – 19:35 h Descanso
19:35 – 20:00 h Presentación empresa convidada: Abanca
Antonio Cardenas, Responsable de RRHH
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 27/09/2022 e o 04/10/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de setembro de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 4 de outubro para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 22 de setembro de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.