O 14 de xaneiro de 2021 entrou en vigor o Real Decreto 901/2020, de 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e modifícase o RD 713/2010 de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
Este RD ten por obxecto o desenvolvemento regulamentario dos plans de igualdade, así como o seu diagnóstico, incluídas as obrigas de rexistro, depósito e acceso.