Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundizar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo.
Ase mesmo, nesta formación trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación no orde penal e administrativo, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás persoas participantes ás ferramentas e modelos para a posta en práctica de ditas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronos e asíncronos co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
A duración do curso será de 10 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
Este módulo estará composto por pílulas formativas de 4 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en sete temas vinculados á materia:
Ase mesmo, levarase a cabo unha sesión en liña de asistencia obrigatoria, na que as persoas que superen o test de avaliación poderán afondar sobre as ferramentas e modelos proporcionado, así como sobre os aspectos prácticos de aplicación dun protocolo de asoso (Sesión en liña_Protocolo de Acoso) . Esta sesión cunha duración de 2,5 h terá lugar o 23 de marzo en sesión de tarde.
O módulo práctico combinará a explicación dos casos prácticos que deberán ser resoltos polas persoas participantes de maneira individual (gravación asíncrona de 1 h de duración) cunha sesión en liña de asistencia obrigatoria (Sesión en liña_Resolución de casos prácticos) na que o alumnado exporá os seus traballos, recibirán feedback e traballarán nun debate conxunto. Esta sesión terá unha duración de 2,5 h e celebrarase o 30 de marzo en sesión de tarde.
Hai un total de 100 prazas!
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Pertencer a unha empresa onde non haxa persoas que xa obtiveron o certificado de aproveitamento deste curso.
2. Ocupación: Persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.
3. Perfil: Perfís relacionados coa implantación dun protocolo de acoso (Responsable de recursos humanos; persoas técnico; persoal de administración).
Entre o 06/03/2023 e o 31/03/2023.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 3 de marzo de 2023.
Prazas limitadas
Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia