Formación en liña de 35 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende facilitar ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, afondado nos coñecementos necesarios en todos os aspectos que conleva a elaboración dun plan de igualdade.
Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo:
O curso estará composto por unha parte teórica que consta de 7 módulos impartidos de forma pre-gravada e 3 clases prácticas en liña. O curso combinará actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
A duración do curso será de 35 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
O módulo práctico levarase a cabo a través de sesións en liña nas que se traballará cada unha das partes do plan de igualdade.
En concreto, levaranse a cabo 3 sesións síncronas:
Nivel avanzado
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado o curso básico de igualdade laboral de 8 horas.
Duración
Entre o 28/02/2023 e o 05/05/2023.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 24 de febreiro de 2023.
Prazas limitadas.
Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia