Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado: a adaptación da xornada de traballo, a ordenación do tempo e a forma de prestación.
4 horas
En liña e ao teu ritmo
Dispoñible no teu móbil
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Emma Rodríguez Rodríguez, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo. Vocal asesora no Ministerio de Traballo e Economía Social
Tania Bastón Vilas, Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de decembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Garmir Mantemento e Servizos Industriais S.L. que nos exporá a súa experiencia de como integrar o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado.
Que inclúe este curso?
Medidas de flexibilidade horaria na entrada, saída ou durante o tempo de comida, que faciliten a conciliación
As bolsas de horas e/o días persoais de libre disposición
As melloras na regulación dos permisos retribuídos respecto a a normativa vixente para facilitar a conciliación
A perspectiva de xénero no goce de permisos e licenzas
A igualdade de oportunidades nas persoas que se acollen a medidas temporais de conciliación na promoción e desenvolvemento profesional.
Medidas que fomenten a corresponsabilidade dos traballadores homes.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 4 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo.
Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
16:05 – 17:20 h O principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado
Emma Rodríguez Rodríguez. Profesora de dereicto do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo. Vocal asesora no Ministerio de Traballo e Economía Social
17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
17:45 – 17:50 h Descanso
17:50 – 19:05 h Medidas de mellora na conciliación e no exercicio corresponsable
Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais
19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
19:30 – 19:35 h Descanso
19:35 – 20:00 h Presentación empresa convidada:
Garmir Mantemento e Servizos Industriais S.L.
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no contido do taller.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 12/12/2022 e o 19/12/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 12 de decembro de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 19 de decembro de 2022 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 7 de decembro de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.