Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na integración do principio de igualdade na planificación da formación.
4 horas
En liña e ao teu ritmo
Dispoñible no teu móbil
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
María Consuelo Ferreiro Regueiro, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Santiago de Compostela
Lucía Rial Pampin, Formadora e asesora en materia de igualdade e RRHH
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 5 de abril de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Dinahosting S.L. que nos exporá a súa experiencia no desenvolvemento do plan de igualdade.
Que inclúe este curso?
Planificación do plan de formación da empresa desde a perspectiva de xénero en:
- – O proceso de detección de necesidades formativas.
- – A programación de accións formativas.
- – A planificación das accións formativas: modalidades formativas e distribución en xornada laboral.
- – A difusión das ofertas formativas.
- – A participación de mulleres e homes en condicións de igualdade.
A formación para o posto de traballo
As accións formativas voluntarias
O uso de permisos de formación
A sensibilización e formación en igualdade
Medidas de mellora:
- – Establecemento de acceso prioritario das traballadoras a accións formativas que fomenten a súa inserción en áreas de traballo masculinizadas
- – A planificación nas accións formativas de módulos específicos de igualdade de xénero
- – A adaptación do horario das accións formativas para garantir a asistencia das persoas traballadoras con redución de xornada
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo.
Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
16:05 – 16:30 h Empresa convidada: Dinahosting S.L.
Lucía González, Responsable de comunicación e Pilar Martínez, Responsable de RRHH
16:30 – 17:45 h O plan de formación na empresa dende a perspectiva de xénero.
María Consuelo Ferreiro Regueiro
17:45 – 18:10 h Rolda de consultas
18:10 – 18:20 h Descanso
18:20 – 19:35 h Medidas de mellora no ámbito da formación na empresa.
Lucía Rial Pampin
19:35 – 20:00 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 05/04/2022 e o 12/04/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 5 de abril de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 12 de abril para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 31 de marzo de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.