Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na integración do principio de igualdade no sistema de clasificación profesional.
- 4 horas
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móbil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Susana Rodríguez Escanciano, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de León
Catarina Capeáns Amenedo, Socia de Vento Avogados e Asesores e responsable da área de dereito laboral. Auditora laboral e especialista en materia de igualdade.
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 17 de marzo de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Lonza Biologics Porriño S.L. que nos exporá a súa experiencia na clasificación profesional con perspectiva de xénero.
Que inclúe este curso?
Os sistemas de clasificación profesional nos convenios colectivos
Garantías dun sistema de clasificación profesional neutro, libre de rumbos de xénero
A definición de perfís e postos incorporando a perspectiva de xénero
A descrición de postos de traballo e traballos de igual valor
A participación das mulleres en postos de dirección
Supostos prácticos de sistemas de clasificación profesional non igualitaria. Medidas previstas nos plans de igualdade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
- 16:05 – 17:20 h O sistema de clasificación profesional con perspectiva de xénero. Susana Rodríguez Escanciano
- 17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
- 17:45 – 17:50 h Descanso
- 17:50 – 19:05 h Supostos prácticos de sistemas de clasificación ptofesional non igualitaria. Medidas previstas nos plans de igualdade. Catalina Capeáns Amenedo
- 19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
- 19:30 – 19:35 h Descanso
- 19:35 – 20:00 h Empresa convidada: Lonza Biologics Porriño S.L. María Santos. Directora de Recursos Humanos Spain. Rocío Piñeiro. HR Manager
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 17/03/2022 e o 24/03/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 17 de marzo de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 24 de marzo para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 10 de marzo de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.