Taller 2. A igualdade de oportunidades e a prohibición de discriminación.Normativa. Concepto de plan de igualdade. Negociación colectiva

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o marco normativo do principio de igualdade e a igualdade na negociación colectiva.

  • 4 horas
  • En liña e ao teu ritmo
  • Dispoñible no teu móbil
  • Idioma: galego
  • Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo

Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e seguridade social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 25 de xaneiro de 2022 en horario de tarde ( de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

  Normativa en materia de igualdade:

– Marco internacional: Nacións Unidas, Consello de Europa e Unión Europea

– Normativa estatal

– Normativa autonómica

  Medidas en materia de igualdade en empresas de menos de 50 persoas traballadoras

  Plans de igualdade. Principais novidades

  Vantaxes de ter un plan

  Negociación colectiva: lexitimación e participación

  Cómputo de persoas traballadoras

  Comisión de seguimento

  Revisión do plan de igualdade

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
  • 16:05 – 17:35 h Normativa e concepto de plan de igualdade. Teresa Pedrosa Silva
  • 17:35 – 18:00 h Rolda de consultas
  • 18:00 – 18:05 h Descanso
  • 18:05 – 19:35 h Negociación colectiva: lexitimación e participación. Jaime Cabeza Pereiro
  • 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 25/01/2022 e o 01/02/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 25 de xaneiro de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 1 de febreiro para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 20 de xaneiro de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.