Taller 10. Desafíos e oportunidades para un mercado de traballo sen estereotipos de xénero

Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os niveis da empresa e a eliminación da segregación vertical e/o horizontal.

2 horas

Presencial ou por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de Igualdade Laboral

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 14 de febreiro de 2023 en horario de tarde (de 17:30 a 19:30 h) en Vigo (Espacio MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Vigo, Pontevedra), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión a xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, tanto en canto as persoas convidadas exporán os diferentes estereotipos de xénero que se atopan no ámbito laboral, así como a incorporación de posibles medidas fronte á segregación laboral entre mulleres e homes.

Contarase coa presenza de empresas pertencentes a sectores masculinizados. En concreto, celebrarase unha mesa redonda onde participaran persoas traballadoras das empresas:

  • Borgwarner Emissions Systems Spain S.L. (Sector automoción)
  • Valorizaciones Inmobiliarias Orense S.L. (Sector da construción)
  • Granitos Del Louro S.A. (Sector do granito)

Que inclúe este taller?

Análise das causas da infrarrepresentación feminina nas condicións de traballo

A incorporación de medidas fronte á segregación laboral entre mulleres e homes:

  • – Medidas que se poden ter en conta para as persoas do sexo infrarrepresentado no grupo profesional ou debido a que se vaia a cubrir.
  • – Medidas de acción positiva para que, en idénticas condicións de idoneidade, teñan preferencia as persoas do sexo infrarrepresentado para o acceso á xornada a tempo completo ou á contratación indefinida.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

17:00 – 17:30 h Café

17:30 – 18:00 h Causas de infrarrepresentación feminina nas condicións de traballo

Mónica González Otero. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

18:00 – 18:30 h A incorporación de medidas fronte á segregación laboral entre mulleres e homes

María Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de Igualdade Laboral

18:30 – 19:30 h Mesa redonda. Experiencias concretas de empresas

Borgwarner Emissions Systems Spain S.L. (Vigo)

Xurxo Arias Cotobad. Xerente de RRHH

Valorizaciones Inmobiliarias Orense S.L. (Ourense)

María Luisa Barros Rodríguez. Traballadora

Granitos del Louro S.A. (Pontevedra)

Estrella Pereira Filgueiras. Encargada de taller

Roberto Castro Fernández. Director comercial / Produción

Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer aquí e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 14/02/2023 e o 21/02/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 14 de febreiro de 2023 de 17:30 a 19:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 21 de febreiro de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 13 de febreiro de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.

Quero incribirme ao taller.