Resumo de actividades: formacións no Campus En liña Igualdade Laboral

O primeiro semestre do ano 2024 chegou ao seu fin e, como é habitual, neste espazo da web de aigualdadelaboral.gal faise un repaso aos principais fitos alcanzados ata o momento, nesta ocasión sobre a formación realizada no Campus En liña. Dentro da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia hai unha aposta pola formación de todos os colectivos aos que se impacta, tamén ás empresas e ás súas persoas traballadoras. Un dos asuntos máis relevantes dos últimos tempos dentro das relacións laborais foi abordar a igualdade laboral entre mulleres e homes. Grazas á regulación vixente (a nivel internacional, europea, nacional e autonómica) atópase un marco legal que senta as bases para o desenvolvemento de mecanismos igualitarios. Dentro das principais ferramentas que contan as empresas para o fomento da igualdade laboral atópanse  os plans de igualdade, neles están recollidas as medidas para desenvolver melloras en termos de igualdade dentro da empresa. Entre as medidas preventivas máis eficaces atópase a formación de todas as persoas traballadoras.

Que é o Campus En liña de Igualdade Laboral?

Dentro do compromiso do goberno galego por ofrecer formación de calidade e gratuíta en igualdade laboral para todas as empresas e persoas traballadoras de Galicia creouse o Campus En liña de Igualdade Laboral. Unha plataforma de teleformación para facilitar o acceso ao coñecemento de mulleres e homes a través de cursos e talleres en igualdade laboral. Ademais, dentro dos cursos formativos da plataforma en liña foméntase o dar a coñecer boas prácticas doutras entidades galegas que promoven a igualdade de xénero e a non discriminación por razón de sexo para alcanzar á igualdade real e efectiva.

O Campus En liña naceu con tres obxectivos fundacionais para traballar a sensibilización, a integración e a facilitación da materia nas empresas. Desta forma, detállanse os obxectivos na web de aigualdadelaboral.gal:

  • Obxectivo 1: “Achegar a igualdade laboral a través de conceptos e teorías, co fin de fomentar a reflexión e un cambio de actitudes e valores que promovan o fin das desigualdades laborais entre mulleres e homes.”
  • Obxectivo 2: “Incorporar a igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade, facilitando ás persoas profesionais de diferentes ámbitos unha formación para incorporar a diversidade e a non discriminación na súa práctica profesional; de tal maneira que se impulse un tecido empresarial máis responsable e un emprego de calidade.”
  • Obxectivo 3: “Ofrecer o material preciso para que as persoas participantes poidan desenvolver os coñecementos necesarios sobre a materia de maneira non presencial, optimizando a educación, en canto a tempo e organización, e poidan obter coñecementos básicos que lles permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional.”

Formacións realizadas no Campus En liña de Igualdade Laboral

Entre os meses de xaneiro a xuño do 2024 no Campus En liña de Igualdade Laboral mantívose unha profunda actividade formativa para todas as persoas traballadoras das empresas de Galicia, mantendo o nivel formativo de meses anteriores. Durante o ano 2023 expedíronse 3.643 certificados de cursos ou talleres formativos, con temáticas como a corresponsabilidade, o plan de diversidade na contorna da empresa, idadismo e mercado laboral etc.

Os talleres formativos, realizados en diferentes localidades de Galicia e retransmitidos por streaming desde a plataforma de teleformación, foron os seguintes:

En canto aos cursos ofrecidos, foron un total de nove edicións, de cursos con longa traxectoria na plataforma de teleformación. Os cursos impartidos, aos que podían acceder as máis de 5.000 persoas rexistradas no Campus En liña, foron os seguintes:

  • Curso básico en igualdade laboral de 8 horas de duración. Realizáronse dúas edicións (13ª e 14ª edición) desta formación para iniciarse na materia da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no traballo. Esta temática foi a máis ofrecida para as persoas traballadoras ao longo dos anos de existencia do campus formativo.
  • Curso avanzado de igualdade laboral de 35 horas de duración. Entre xaneiro e xuño de 2024 realizáronse a e a edición desta intensa formación na que se profundizou sobre a negociación dos plans de igualdade, o contido, seguimento e avaliación dos plans e o rexistro e a auditoría retributiva.
  • Curso teórico práctico para a protección integral fronte ao acoso no traballo de 15 horas de duración. En total realizáronse 5 edicións deste curso, da á , no que se revisaron conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de condutas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.

Ofrecer formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade laboral foi unha realidade neste primeiro semestre do 2024. As variadas temáticas sobre as que se impartiron talleres e cursos posibilitou que as persoas participantes adquirisen novas habilidades e coñecementos sobre boas prácticas de igualdade laboral, que facer nunha situación de acoso no traballo ou como integrar a perspectiva de xénero no uso da intelixencia artificial na selección de persoal.