Facendo realidade a igualdade de oportunidades no mercado laboral

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Impulsa este espazo dixital de formación dirixido a fomentar, formar e sensibilizar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres a través de accións formativas gratuítas enmarcadas en diferentes ámbitos como son a conciliación e a corresponsabilidade, o rexistro retributivo, o acoso laboral, o teletraballo, entre moitas outras.

Obxectivos do campus en liña

SENSIBILIZAR

Acercar á sociedade á igualdade laboral a través de conceptos e teorías, co fin de fomentar a reflexión e un cambio de actitudes e valores que promovan o fin das desigualdades laborais entre mulleres e homes.

INTEGRAR

Incorporar a igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade, facilitando a profesionais de diferentes ámbitos unha formación para incorporar a diversidade e a non discriminación na súa práctica profesional; de tal xeito que se impulse un tecido empresarial máis responsable e un emprego de calidade.

FACILITAR

Ofrecer o material preciso para que as persoas participantes poidan desenvolver os coñecementos necesarios sobre a materia de maneira non presencial, optimizando a educación, en canto a tempo e organización, e poidan obter coñecementos básicos que lles permitan aplicar o principio de igualdade no seu exercicio profesional.

Formación gratuíta en igualdade laboral

Cursos en liña

Última información temática