Unha auditoría salarial é un procedemento no que se analiza o salario das persoas traballadoras dunha entidade para determinar posibles desaxustes salariais ou desigualdades. Grazas ao estudo salarial obtense un esquema de como é de igualitaria a entidade respecto ao salario de homes e mulleres e determínase a fenda de xénero. A igualdade retributiva por traballos de igual valor é un elemento fundamental do principio de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e está recollido en Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.
A importancia da auditoría salarial
Durante o proceso de realización dunha auditoría salarial, compáranse os salarios das persoas traballadoras de diferentes grupos profesionais, categorías ou postos de traballo para garantir que as remuneracións se basean en factores como a experiencia, a educación, as habilidades e a responsabilidade laboral e que non existe ningún tipo de discriminación na remuneración por motivos de xénero, raza ou idade.
Segundo o Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes “a auditoría retributiva ten por obxecto obter a información necesaria para comprobar se o sistema retributivo da empresa, de maneira transversal e completa, cumpre coa aplicación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes en materia de retribución.” Ademais, se se contempla algún tipo de desigualdade, poderase corrixir durante o proceso ou, unha vez finalizada a auditoría, pódense tomar medidas específicas para axustar os salarios e garantir o principio de igualdade retributiva en función da experiencia e habilidades de cada persoa traballadora.
Fenda de xénero nas empresas españolas
No caso de que existise diferencia salarial por razón de xénero teriamos fenda salarial de xénero. Existen diferentes formas de calcular a fenda salarial, unha delas é a diferenza no salario medio entre homes e mulleres que realizan un traballo igual e é un problema importante na persecución da igualdade de xénero e a xustiza social. Aínda hoxe en moitos países, as mulleres gañan menos que os homes en traballos iguais, a pesar de ter as mesmas habilidades.
A fenda salarial de xénero no noso país varía en función da fonte, pero en calquera caso é superior ao 20%. Segundo o estudo “Global Gender Gap Report 2022” España ocupaba o posto número 17 do mundo en canto a paridade de xénero (a súa puntuación é de 0,788 sobre 1) e contaba cunha fenda salarial de xénero de máis do 28%, o que situaba ao noso país no posto 89 no mundo. Un estudo máis recente, de febreiro de 2023, de CCOO sitúa a fenda salarial de xénero en España nun 20,9%. “En España o salario medio anual do emprego principal situábase en 27.322 euros entre os homes e 22.601 euros entre as mulleres en 2021, segundo os datos de salarios da EPA. Iso supón unha diferenza de 4.721 euros entre a ganancia media anual de mulleres e homes” segundo o estudo de CCOO.
Como reducir a fenda de xénero
Unha das claves para reducir a brecha salarial de xénero é coñecer o seu alcance na empresa, para iso, é fundamental establecer un rexistro retributivo (que é obrigatorio para todas as empresas). Tamén será importante o sistema de valoración de postos de traballo (que permite ás empresas analizar a importancia e valor de cada unha das posicións que son necesarias na empresa) y sobre iso realizar a auditoría salarial. As auditorías retributivas contan con tres fases:
- O diagnóstico retributivo. O seu obxectivo é coñecer a realidade retributiva en materia de igualdade de mulleres e homes nunha entidade para detectar posibles melloras.
- O plan de actuación para corrixir as desigualdades en materia retributiva, no caso de que se detectaron no diagnóstico retributivo.
- O informe de resultados da auditoría retributiva. Elabórao a comisión negociadora e recolle, por unha banda, o diagnóstico retributivo e, por outro, o plan de actuación. Este informe forma parte do contido do plan de igualdade #de acordo con o artigo 8 do Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e modifícase o Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
Para calcular de forma correcta unha auditoría retributiva existen diferentes recursos interesantes. Un deles é a ferramenta do Ministerio de Igualdade para calcular a igualdade retributiva. Trátase dun excel que se descarga en cada computador e conta cunha guía de uso específica. Tamén existe a disposición unha ferramienta para a valoración de postos de traballo. Ademais, o Instituto de las Mujeres editou en xuño de 2022 unha Guía técnica para a realización de Auditorías Retributivas con perspectiva de xénero. A dirección xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia editou material divulgativo sobre igualdade laboral, un destes folletos céntrase na igualdade retributiva e é un bo mecanismo para coñecer os principais aspectos sobre este principio de igualdade.
Outro dos aspectos fundamentais para reducir a fenda salarial de xénero é establecer medidas activas de igualdade laboral na empresa. Nun contexto máis propicio á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres serán máis sinxelas as negociacións colectivas e os acordos para reducir fendas e desigualdades.
En resumo, a auditoría retributiva é obligatoria para todas aquelas empresas que teñen que de realizar un Plan de Igualdade e é unha medida moi efectiva para detectar a fenda salarial de xénero e, así, continuar traballando a favor da igualdade. Se necesitas máis formación respecto a este asunto podes consultar os cursos habituais que se realizan desde o Campus Online de igualdade laboral da Xunta de Galicia.