Xa está aberto o prazo de inscrición para o taller formativo “A formación nas empresas con perspectiva de xénero”, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. A formación estará aberta entre o 5 e o 12 de abril do 2022. O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 5 de abril de 16:00 h. a 20:00 h., permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Nesta ocasión contarase coa presenza de Lucía González, Responsable de comunicación, e Pilar Martínez, Responsable de Recursos Humanos, da empresa Dinahosting S.L., que exporán a súa experiencia na formación con perspectiva de xénero.
As persoas participantes terán ata o martes 12 de abril para poder visualizar a gravación da sesión en liña e responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do taller son:
- Asistir a sesión en liña o 5 de abril de 16:00 h a 20:00 h
- Responder satisfactoriamente, polo menos,o 70% das cuestións expostas no test de avaliación
Toda a información está dispoñible no espazo web https://igualdade-laboral.