Formación en liña de 2 horas e 30 minutos en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na irrupción da intelixencia artificial (IA) no mundo económico e laboral, o que implica un proceso de automatización enfocado na imitación das capacidades humanas. Este traballo vai ser un dos ámbitos sociais con maiores cambios nos próximos anos, de ahí a importancia da participación da muller no seu deseño para erradicar os estereotipos e sesgos de xénero.
2 horas e 30 minutos
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Karina Gibert Oliveiras, Catedrática en Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Barcelona
Isabel Olmos, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia especializada na Orde Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo se levará a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 19 de xaneiro de 2024 en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
A situación das mulleres no sector da intelixencia artificial
Imposibilidade de eliminar sesgos de xénero se non se aplica a ética e os dereitos humanos na IA
Normativa aplicable no ámbito laboral
Límites e garantías das decisións automatizadas en virtude da normativa de protección de datos e da proposta do regulamento europeo de intelixencia artificial
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e 30 minutos e se adecuará á seguinte estrutura:
11:00 – 11:10 h Presentación da xornada
Representante da Xunta de Galicia
Antonio Rodríguez del Corral. Presidente do Clúster TIC Galicia
Fernando Suárez Lorenzo. Presidente do Colexio de Enseñeiros Informáticos de Galicia
11:10 – 12:25 h A intelixencia artificial (IA) e a perspectiva de xénero
Karina Gibert Oliveiras. Catedrática en Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Barcelona
12:25– 12:45 h Pausa café
12:45 – 13:55 h A intelixencia artificial (IA) e as relacións laborais
Isabel Olmos. Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia especializada na Orde Social
13:55 – 14:00 h Clausura
Elena Rivo López. Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións al inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de evaluación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 19/01/2024 e o 26/01/2024.
O taller se levará a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 19 de xaneiro de 2024 de 11:00 a 14:00 h.
Así mesmo, as personas participantes terán ata o venres 26 de xaneiro de 2024 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 18 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.