Taller 21. Convenio 190 OIT un documento fundamental na igualdade laboral entre mulleres e homes

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso no mundo do traballo e a súa aplicación á lexislación española.

2 horas

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Sara López González, Consejera Técnica OIT España

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será restrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 4 de outubro de 2023 en horario de tarde (de 17:00 a 19:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Carencias do noso dereito interno en relación co Convenio 190 da OIT

Problemática que o convenio 190 da OIT expón na súa aplicación nacional

Acoso sexual, acoso sexista, acoso discriminatorio, acoso moral, vulneración da integridade moral, violencia no traballo, ciberacoso, acoso de terceiros

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:30 – 17:00 h Café de benvida

17:00 – 17:10 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

17:10 – 18:00 h Aplicación en España do Convenio da OIT

Jose Fernando Lousada Arochena. Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

18:00 – 18:50 h O Convenio da OIT

Sara López González. Conselleira Técnica OIT España. Corpo Superior de Técnicos da Administración de Seguridade Social

18:50– 19:00 h Rolda de consultas

Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming atopará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 04/10/2023 e o 11/10/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming que se celebrará o día 4 de outubro de 2023 de 17:00 a 19:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 11 de outubro de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 3 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.