Taller 18. A igualdade de trato no emprego público

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a igualdade de trato no emprego público. Elaboración e aplicación dos plans de igualdade nas Administracións Públicas.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Ana Ramos Ramos, Secretaria de Administración Local

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 7 de xuño de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presenza dun representante do Sergas que nos exporá como se aplica o plan de igualdade nas Administracións Públicas.

Que inclúe este taller?

Analizar os criterios de actuación das Administracións públicas no ámbito das súas respectivas competencias:
– Normativa especifica dos plans de igualdade nas AAPP
– Peculiaridades

Remover os obstáculos que impliquen a pervivenza de calquera tipo de discriminación co fin de ofrecer condicións de igualdade efectiva entre mulleres e homes no acceso ao emprego público e no desenvolvemento da carreira profesional

Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, sen menoscabo da promoción profesional

Fomentar a formación en igualdade, tanto no acceso ao emprego público como ao longo da carreira profesional.

Promover a presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de selección e valoración.

Establecer medidas efectivas de protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.

Establecer medidas efectivas para eliminar calquera discriminación retributiva, directa ou indirecta, por razón de sexo.

Avaliar periodicamente a efectividade do principio de igualdade nos seus respectivos ámbitos de actuación

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:05 h Presentación do taller

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16:05 – 17:25 h Elaboración e aplicación dos plans de igualdade nas Administracións Públicas

Ana Ramos Ramos, Secretaria de Administración Local

17:25 – 17:35 h Rolda de consultas

17:35 – 18:00 h Traballadora pública convidada

Nuria de Castro-Acuña Iglesias. Xefa do Servizo Central de PRL. SX Políticas de Persoal. DX de Recursos Humanos. Servizo Galego de Saúde

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 05/06/2023 e o 12/06/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 7 de xuño de 2023 de 16:00 a 18:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 12 de xuño de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 2 de xuño de 2023 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.