A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na sexta edición do curso básico en igualdade laboral que terá unha duración de oito horas e se desenvolverá entre o 29 de marzo e o 6 de maio do 2022.
Tratase dunha formación en liña en materia de Igualdade Laboral a través da cal se facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo. Conta con tres módulos:
- Módulo 1: Negociación do Plan de Igualdade
- Módulo 2: Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación
- Módulo 3: Rexistro e auditoría retributiva
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso son:
- Visualizar as pílulas audiovisuais
- Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas en algún dos test de avaliación en cada un dos módulos formativos
Pode consultarse toda a información no espazo web https://igualdade-laboral.