Resumo da formación do Campus de Igualdade Laboral no primeiro semestre

O primeiro semestre do ano 2025 foi moi activo para o Campus Virtual de Igualdade Laboral. Esta aposta da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia ten como obxectivo ofrecer unha formación en materia de igualdade e non discriminación por razón de sexo no ámbito laboral, de calidade e gratuíta para empresas e persoas que queiran continuar contribuíndo á equidade entre mulleres e homes nos seus contextos laborais.

Ao longo dos anos, o Campus Virtual de Igualdade Laboral converteuse nunha plataforma formativa referencial entre profesionais de diferentes sectores en materia de igualdade e non discriminación, con máis de 8.000 persoas rexistradas e un total de 117 accións formativas impartidas -das cales 78 cursos formativos e 39 talleres- entre 2021 e xuño de 2025.

As accións formativas ofertadas neste marco, tratan un campo amplo de coñecemento, que transita entre cuestións lexislativas e de normativa actual, ata contidos técnicos como os plans de igualdade ou a clasificación profesional, pasando por conceptos de carácter sociocultural. Esta variedade permite que persoas de perfís profesionais diversos poidan formarse en igualdade entre mulleres e homes indiferentemente de cal sexa o seu rol na organización, contribuíndo a alcanzar a meta de igualdade entre mulleres e homes e á construción dunha sociedade máis igualitaria.

Todas as formacións impartidas a través do Campus Virtual e aquelas que son presenciais, son de carácter gratuíto, facilitando a democratización dos coñecementos vinculados á igualdade entre mulleres e homes, aos dereitos e ao benestar laboral. Os contidos revísanse e actualízanse de forma regular, atendendo a novidades na lexislación e no contexto sociocultural a nivel global.

Que accións formativas se impartiron no Campus Virtual no primeiro semestre de 2025?

Desenvolvéronse un total de 22 accións formativas no marco do Campus Virtual de Igualdade Laboral da Xunta de Galicia entre os meses de xaneiro e xuño de 2025. Estas accións combinan cursos de media e longa duración, con talleres formativos celebrados en diferentes localidades galegas e retransmitidos tamén en streaming.

Recollemos a continuación os 13 cursos impartidos no primeiro semestre deste ano:

  • Curso sobre discriminación por xénero. Lexislación e xurisprudencia. Duración de 15 horas. Entre xaneiro e xuño de 2025 son 4 as edicións deste curso formativo (, , e ) que se celebraron en modalidade virtual. Esta formación ten como corpo docente a profesionais do gremio lexislativo que, ademais de contextualizar a lexislación vixente en materia de discriminación por razón de xénero tamén comparten pronunciamentos específicos de procesos xudiciais tanto autonómicos como a nivel estatal e internacional.
  • Curso teórico-práctico para a protección fronte ao acoso no traballo. Duración de 15 horas. Son xa 15 as edicións que se desenvolveron con éxito desta formación impartida por Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social. O curso ofrece unha formación entre a teoría e a práctica sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo e sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo, combinando sesións pregrabadas con sesións virtuais síncronas.
  • Curso básico en igualdade laboral. Duración de 8 horas. Celebramos a 16ª e 17ª edición da nosa formación máis impartida do Campus Virtual. Nela trabállanse conceptos básicos de especial relevancia para o tecido empresarial; a negociación dos plans de igualdade, diagnóstico, igualdade retributiva e protocolos contra o acoso sexual e por razón de sexo.
  • Curso avanzado en igualdade laboral. Duración de 35 horas. Completamos con éxito a 10ª e 11ª edición desta formación avanzada, que amplía os contidos do curso básico en igualdade laboral. Nela trabállase máis en detalle a normativa en materia de igualdade nas relacións laborais, os plans de igualdade (incluíndo negociación, contidos, seguimento e avaliación) e o rexistro e a auditoría retributiva.
  • Curso sobre valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva. Duración 67 horas. Acollemos a 2ª edición da nosa formación máis extensa e técnica. Nela, María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Management Consulting (Grupo Galejobs), imparte unha formación altamente técnica de contextualización e previos á igualdade retributiva, valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributivas.

A continuación recollemos os 9 talleres formativos impartidos no primeiro semestre de 2025:

O Campus Virtual de Igualdade Laboral da Xunta de Galicia foi desde o seu comezo en 2021 unha ferramenta imprescindible á hora de contribuír á sensibilización e formación en materia de igualdade e non discriminación por razón de sexo e xénero do tecido empresarial galego. Con máis de 8.000 persoas rexistradas, desde a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais seguimos apostando por esta plataforma e o seu carácter virtual e innovador, para continuar apoiando ás persoas traballadoras na consecución dunha igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral.