Igualdade Laboral

  • Galego
  • Español
  • Presentación
    • A igualdade como concepto
    • Igualdade laboral
    • Conceptos básicos
  • NORMATIVA
  • PLAN DE IGUALDADE
    • Lexislación que os regula
    • Para que serven. Vantaxes e beneficios
    • Quen intervén no proceso
    • Procesos e prazos
    • Como se elaboran
      • Consellos
      • Recursos
    • Rexistro, certificación e acreditación
    • Implantación, seguimiento e avaliación
    • Axudas e subvencións
    • Preguntas frecuentes
  • Conciliación
    • Medidas de conciliación
      • Medidas de flexibilidade temporal
      • Medidas de flexibilidade espacial
      • Servizos de atención as persoas
      • Medidas de adaptación do posto de traballo
      • Beneficios sociais
    • Normativa e axudas específicas
  • Formación
  • Recursos
  • Novas
  • Galego
  • Español
  • Presentación
    • A igualdade como concepto
    • Igualdade laboral
    • Conceptos básicos
  • Normativa
  • Plan de igualdade nas empresas
    • Lexislación que os regula
    • Para que serven. Vantaxes e beneficios
    • Quén intervén no proceso
    • Procesos e prazos
    • Como se elaboran
      • Consellos
      • Recursos
    • Rexistro, certificación e acreditación
    • Implantación, seguimento e avaliación
    • Axudas e subvencións
    • Preguntas frecuentes
  • Conciliación
    • Medidas de conciliación
      • Medidas de flexibilidade temporal
      • Medidas de flexibilidade espacial
      • Servizos de atención as persoas
      • Medidas de adaptación do posto de traballo
      • Beneficios sociais
    • Normativa e axudas específicas
  • Formación
  • Recursos
  • Novas

Plan de igualdade nas empresas > Implantación, seguimento e avaliación

Implantación, seguimento e avaliación.

Unha vez aprobado o plan de igualdade, comeza xa a contar o período de vixencia.

Neste momento débense desenvolver todas as accións previstas no plan levando, á súa vez, un control da consecución dos obxectivos establecidos, así como da execución de todas as medidas. É importante, neste momento, contar cos recursos económicos, humanos e/ou materiais necesarios para o cumprimento das medidas en tempo e forma.

En paralelo á implantación do plan deberá facerse un seguimento do mesmo, é dicir, a análise do desenvolvemento do plan e da execución das medidas que contempla. Desta forma, irase verificando o cumprimento de todos os obxectivos e accións recollidas no plan e, no caso de que se detecten desaxustes ou problemáticas que dificulten a execución das medidas, poderanse establecer melloras ou accións correctoras, en caso necesario.

Para facilitar este seguimento, podes utilizar o Modelo de Ficha que recolle a Guía “Como Elaborar un Plan de Igualdade na Empresa”, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Consellería de Emprego e Igualdade.

Este seguimento do plan deberá facerse de forma periódica, segundo os prazos marcados no calendario de actuacións do plan de igualdade ou no regulamento da comisión de seguimento, e os resultados obtidos desta tarefa servirán para a revisión do plan, en caso necesario, e/ou para a seguinte fase, que é a Avaliación.

A avaliación consiste en coñecer o grao de desenvolvemento do plan e de cumprimento dos obxectivos e das medidas contempladas no mesmo, e deberá realizarse, polo menos, unha avaliación intermedia e outra final.

Esta avaliación responderá a 3 preguntas sobre o desenvolvemento do plan de igualdade:

01

Que se fixo

Avaliación do resultado:

  • Grao de cumplimento dos obxectivos.
  • Grao de consecución dos resultados esperados.
  • Nivel de corrección das desigualdades detectadas no diagnóstico.

02

Como se fixo

Avaliación do proceso:

  • Nivel de desenvolvemento das accións emprendidas.
  • Grao de dificultade atopado no desenvolvemento de accións.
  • Dificultades e solucións emprendidas.
  • Cambios producidos nas accións e desenvolvemento do Plan.

03

Que se conseguiu

Avaliación do impacto:

  • Grao de incorporación da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na xestión da empresa.
  • Cambios na cultura empresarial: actitudes da dirección e do persoal, nas prácticas de recursos humanos…
  • Reducción de desequilibrios na presencia e participación de mulleres e homes.

Máis información

Axudas
Preguntas frecuentes
Escola virtual de igualdade
Ferramenta de avaliación

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.





    Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
    • Atención a cidadanía
    • Suxestións e queixas
    • Aviso legal
    Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
    • Atención a cidadanía
    • Suxestións e queixas
    • Aviso legal
    Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para proporcionar un consentimento controlado.
    Con todo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á da AEPD que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
    AxustesAceptar
    Política de privacidade e cookies

    Resumen de privacidade

    Este sitio web emprega cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. As cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender cómo emprega este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria de algunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
    Cookies necesarias
    As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
    Cookies non necesarias
    As cookies que poden non ser particularmente necesarias para o funcionamento do sitio web e se empregan específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obligatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.
    GARDAR E ACEPTAR