Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables en materia de igualdade laboral a nivel internacional, europeo, nacional e autonómico das últimas semanas. Unha sección na que se pode atopar información sobre normativa, axudas, estudos e informes, materiais de sensibilización, etc., así como accións impulsadas por distintas entidades e organismos.
Nivel autonómico
FORMACIÓN
A Xunta de Galicia colabora coas tres universidades galegas para o desenvolvemento da nova edición do máster en Xestión e Dirección Laboral. O máster, que acaba de cumprir 15 anos, ten unha alta demanda entre o alumnado actual universitario, sexan ou non graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, como demostra o feito de que cada ano cúbranse as 30 prazas ofertadas.
Entre as materias obrigatorias deste título atópanse os aspectos xurídicos-laborais en materia de igualdade. O alumnado pode elixir entre tres especializacións posibles: Recursos Humanos, Xestión Socio-laboral e Dirección Laboral de empresas.
A Xunta de Galicia destinará un orzamento de 15.000€ para impulsar a formación de profesionais neste ámbito.
Nivel nacional
FORMACIÓN
O Instituto das Mulleres e a Federación Española de Municipios e Provincias poñen en marcha a Escola Municipal de Igualdade en liña para formar, asesorar e acompañar na incorporación da perspectiva de xénero nas políticas locais, tanto ao persoal técnico como político a cargo da xestión municipal. Esta actuación é a principal novidade dun convenio máis amplo de colaboración entre os dous organismos para a implantación de plans de igualdade no ámbito local.
Nivel internacional
IGUALDADE DE XÉNERO. INFORME DE PAÍS 2022
A Unión Europea ha publicado en agosto de 2022 o informe Igualdade de Xénero. Informe de País. España 2022 onde se analiza a transposición ao ordenamento xurídico español das principais directivas europeas en materia de igualdade. Entre as conclusións, o informe destaca que a normativa española baséase en reproducir os articulados das directivas europeas. Esta forma de transponer a lexislación da Unión Europea é formalmente adecuada pero o informe afirma que mostra un certo desinterese por parte das institucións españolas en suprimir efectivamente os obstáculos á igualdade real entre mulleres e homes. Isto débese a que falta a adaptación das instrucións da Unión Europea ás particularidades da sociedade española.
Tamén conclúe o estudo que aínda que a lexislación española é teoricamente correcta, presentáronse moi poucas reclamacións de discriminación por motivos de sexo, en particular no ámbito da discriminación salarial, promoción interna e acceso ao traballo. Isto suxire que hai problemas con detección e denuncias de discriminación practicada dentro das empresas.