Con esta publicación iniciamos unha serie dedicada a analizar a situación en diversos sectores de produción, ou sectores de actividade económica que clasifican a economía en función do tipo de proceso produtivo, desde un punto de vista da igualdade de xénero. Hoxe empezamos co sector secundario ou sector industrial, que se caracteriza pola transformación de materias primas en produtos listos para o consumo.
Igualdade e sector industrial
En España, un 13,7% das persoas ocupadas fano no sector industrial, segundo os datos do último trimestre de 2022 da Enquisa de Poboación Activa. Centrándonos nel, soamente o 28,3% da ocupación do sector industrial é feminina. Isto quere dicir que, aproximadamente, poderías atopar a unha muller por cada tres homes traballando no sector. Sen ningún tipo de dúbida, pódese afirmar que o sector industrial é un sector masculinizado.
O emprego no sector industrial é estable, conta con postos de traballo de gran valor e moi cualificados e ten unhas remuneracións altas para as persoas que traballan nel. Os seus sistemas de retribución seguen xerando fendas salariais. Así, segundo os datos máis recentes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a fenda salarial no sector é do 18%.
Factores culturais, históricos e educacionais son os responsables desta desigualdade nas cifras do sector. Isto, sumado aos estereotipos e sesgos inconscientes de xénero (forza física para o desenvolvemento de traballos, condicións laborais en situacións de riscos físicos e químicos grandes…), fai que aínda se perciba que os espazos produtivos industriais son cousa de homes. Ademais, segundo un recente estudo do Observatorio Social da Fundación La Caixa, en España, só o 16 % da profesionais da área das STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) son mulleres, e moi poucas adolescentes, o 0,7%, están interesadas en estudar un grao destas disciplinas, fronte ao 7% dos homes.
A pesar dos evidentes avances dos últimos anos, a fenda de xénero no sector segue sendo evidente. Por iso é polo que a negociación e elaboración de plans de igualdade, coa inclusión de medidas realmente innovadoras que xeren valor, sexa unha oportunidade para equilibrar as cifras.
Medidas innovadoras de igualdade
Afortunadamente, hoxe en día, cada vez son máis as empresas que están a adoptar medidas innovadoras para promover a igualdade de xénero no sector industrial. A maior parte destas accións enmárcanse dentro dos seus plans de igualdade ou estratexias de responsabilidade social corporativa. Algunhas destas medidas inclúen:
- Políticas de contratación para o sexo infrarrepresentado. Hai sectores moi masculinizados que están promovendo políticas de contratación inclusivas para fomentar a contratación do sexo infrarrepresentado e que promueven a diversidade en todos os niveis da organización. Esta é unha das medidas de acción positiva que máis se recollen nos plans de igualdade, xa que a maior parte das empresas contan cun persoal masculinizado.
- Formación e desenvolvemento profesional: as empresas poden ofrecer formación e programas de desenvolvemento profesional específicos para mulleres, para axudalas a avanzar nas súas carreiras e a alcanzar postos de liderado na organización.
- Redes de apoio: as entidades poden crear redes de apoio para mulleres na industria, que lles brinden a oportunidade de conectarse con outras mulleres na mesma situación e compartir as súas experiencias.
- Ordenación do tempo de traballo: unha das características máis frecuentes de empresas do sector industrial é o traballo a quendas. Canto mellor estea feita esa planificación, máis fácil será compartir a programación coas persoas traballadoras. O poder organizar o teu tempo nas túas esferas de traballo, familiar e persoal con antelación é unha medida moi efectiva para lograr captar talento feminino no sector industrial.
- Flexibilidade laboral: as empresas poden ofrecer opcións de traballo flexible, como o teletraballo, a xornada intensiva ou o horario flexible de entrada e saída, para axudar a todo o persoal a equilibrar as súas responsabilidades laborais e familiares.
- Eliminación de sesgos inconscientes: as empresas poden ofrecer formación ás súas persoas traballadoras sobre os sesgos inconscientes que poden influír nas decisións de contratación e promoción, e poden tomar medidas para asegurarse de que se tomen decisións xustas e obxectivas. A Dirección Xeral de Relacións Laborais a través do seu Campus Online ofrece non só cursos específicos sobre diversas temáticas vinculadas á igualdade laboral e eliminación de sesgos inconscientes, senón que programa talleres temáticos onde empresas de diversos sectores comparten as súas experiencias e son exemplos de boas prácticas trasladables a todo tipo de organizacións.
En resumo, as medidas innovadoras de igualdade no sector industrial están a ser adoptadas por un número maior de empresas, e son un paso importante cara a un futuro máis equitativo e xusto para todos os traballadores e traballadoras da industria.