Cargando eventos

Taller 4. A aplicación da perspectiva de xénero no proceso de selección e a contratación nas empresas

Febreiro 24, 2022 @ 16:00 - 20:00

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de presencia equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e na contratación.

  • 4 horas
  • En liña e ao teu ritmo
  • Dispoñible no teu móbil
  • Idioma: galego
  • Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Marta Fernández Prieto, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo

María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 24 de febreiro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Benteler Automotive Vigo que nos exporá a súa experiencia no desenvolvemento do plan de igualdade.

Que inclúe este curso?

  Implantación de sistemas obxectivos de selección de persoal e contratación

  Criterios de aplicación do principio de igualdade na elaboración das ofertas de emprego

  Criterios de aplicación do principio de igualdade nos procesos de selección e contratación

  Requisitos das candidaturas a ofertar

  A importancia da elección de canles de difusión das candidaturas en empresas masculinizadas/feminizadas

  O principio de igualdade nas probas de selección

  A participación equilibrada nos procesos de selección de persoas candidatas

  Participación da representación das persoas traballadoras nos procesos de selección de persoal

  O acceso das mulleres a postos de dirección e responsabilidade

  Análise de supostos discriminatorios nas probas de selección

Supostos prácticos de contratación non igualitaria. Medidas prevista nos plans de igualdade.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
  • 16:05 – 17:20 h Aplicación do principio de igualdade no proceso de selección e contratación do persoal. Marta Fernández Prieto
  • 17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
  • 17:45 – 17:50 h Descanso
  • 17:50 – 19:05 h Supostos prácticos de contratación non igualitaria. Medidas previstas nos plans de igualdade. María Ángeles García Pérez
  • 19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
  • 19:30 – 19:35 h Descanso
  • 19:35 – 20:00 h Empresa convidada: Benteler Automotive Vigo. Tania Carames Palmeiro. Departamento de RRHH 

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 24/02/2022 e o 03/03/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 24 de febreiro de 2022 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 3 de marzo para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 17 de febreiro de 2022.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.

 

Share This Event

  • Este evento pasou.

Detalles

Data:
Febreiro 24, 2022
Hora:
16:00 - 20:00
Categoría do Evento: