• O Goberno galego organizou un total de cinco cursos e unha decena de webinarios propios e coa colaboración con entidades externas
  • A Xunta lanzou ademais un paquete de ferramentas tecnolóxicas que se puxo ao dispor do tecido empresarial galego na web https://aigualdadelaboral.gal/

 

Preto de 3.000 persoas asistiron entre xaneiro e xuño deste ano nas actividades de formación e información ofertadas pola Xunta en materia de igualdade laboral.

Neste balance, destacan os máis de 1.000 asistentes (1.332) que participaron nalgún dos catro cursos básicos sobre a materia de 8 horas de duración e no curso de igualdade laboral de nivel medio de 35 horas organizados pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais. En ambos os dous casos, Galicia foi pioneira por se tratar da primeira administración autonómica en ofrecer formación en materia de igualdade laboral aos axentes sociais, que se completará con outro curso avanzado que se está a perfilar e que se estenderá ata as 150 horas.

Ás actividades meramente formativas hai que engadir os catro webinarios monográficos celebrados durante os meses de maio e xuño sobre temáticas como O rexistro retributivo nas empresas (dúas edicións), O teletraballo como elemento para a conciliación e a corresponsabilidade e A corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa, polos que se interesaron 1.064 asistentes.

Noutro grupo de accións levadas a cabo pola Consellería de Emprego e Igualdade, e que contaron coa asistencia de 269 persoas, englóbanse xornadas en colaboración Fundación Escola de Relacións Laborais da Coruña, Asociación de Empresarios do Tambre, a asociación de autónomos APE Galicia, a asociación de industrias del metal Asime, a Asociación de Empresarios do Deza, Executivas de Galicia e representantes da industria da madeira.

Neste primeiro semestre, a Xunta lanzou ademais un paquete de ferramentas tecnolóxicas que se puxo ao dispor do tecido empresarial galego na web http://www.aigualdadelaboral.gal para a abordaxe da materia. Entre outras, ofrécese un sistema de balde de autoavaliación que permite ás empresas medir de xeito periódico o seu nivel de desenvolvemento e impacto en relación coa igualdade de xénero e oportunidades laborais.

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de presentar tamén un Campus Virtual pioneiro entre todas as Comunidades Autónomas que reunirá toda a formación para o emprego impartida en Galicia, que terá cabida para impartir cualificación relacionada coa igualdade e as relacións laborais.

Con todos estes recursos, o Goberno galego pretende facilitar a implantación de medidas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas empresas, o cal contribuirá á mellora do emprego feminino.

Categorías

Actualidade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Quinta edición do curso sobre prevención e tratamento do acoso sexual no traballo
26 Setembro 2022
Formación en liña de 10 horas en materia de Igualdade...
SEGUIR LENDO >
A Xunta traballa na elaboración dun estudo sobre a situación laboral do colectivo LGTBI para poñer en marcha medidas fronte ás discriminacións
22 Setembro 2022
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella,...
SEGUIR LENDO >
Comunicación corporativa con perspectiva de xénero
22 Setembro 2022
En maio deste ano DIRCOM, a asociación referente de...
SEGUIR LENDO >
Curso Avanzado sobre Igualdade Laboral
19 Setembro 2022
Formación en liña de 35 horas en materia de Igualdade...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.