Boas prácticas para a atracción e retención do talento e a promoción profesional con perspectiva de xénero

Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende promover a integración efectiva da perspectiva de xénero nas políticas de xestión do talento das organizacións, favorecendo contornas laborais máis equitativas, inclusivas e competitivas, en consonancia coas obrigacións derivadas da normativa española e europea en materia de igualdade.

2 horas

Presencial ou por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Catarina Capeáns Amenedo, Socia de Vento Avogados e Asesores e responsable do Área de Dereito Laboral. Auditora Laboral e especialista en materia de igualdade

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 13 de maio de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) en Pontevedra (Deputación Provincial de Pontevedra. Edificio Administrativo, Gran Vía de Montero Ríos, s/n,36071 Pontevedra), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

  • Analizar as barreiras de xénero que persisten nos procesos de selección, contratación e promoción profesional, identificando prexuízos – conscientes e inconscientes – que dificultan a igualdade de oportunidades.
  • Difundir boas prácticas empresariais en materia de atracción de talento, con especial atención a medidas que garantan a obxectividade e a non discriminación nos procesos de recrutamento.
  • Compartir estratexias de retención do talento que incorporen medidas de conciliación, corresponsabilidade e desenvolvemento profesional equitativo, como plans de carreira con perspectiva de xénero ou políticas de traballo flexible.
  • Examinar os instrumentos normativos aplicables, como os plans de igualdade, e o seu papel como ferramentas para garantir a promoción profesional en condicións de igualdade.
  • Fomentar o intercambio de experiencias entre profesionais do ámbito xurídico, de recursos humanos e da dirección empresarial, facilitando a creación de redes de colaboración.
  • Propor indicadores e sistemas de seguimento que permitan medir o impacto das políticas de igualdade na xestión do talento e a promoción interna.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Boas prácticas para a atracción e retención de talento e a promoción profesional con perspectiva de xénero

Catarina Capeáns Amenedo. Socia de Vento Avogados e Asesores e responsable do Área de Dereito Laboral. Auditora Laboral e especialista en materia de igualdade

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Consulta o programa da xornada: Aquí.

Duración

Entre o 13/05/2026 e o 20/05/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 13 de maio de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 20 de maio de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Certificado de aproveitamento

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 12 de maio de 2026 ás 23:59 horas.