Ferramentas como o protocolo contra o acoso sexual, a elaboración dun plan de igualdade dentro da empresa e o rexistro salarial do persoal da mesma son fundamentais para combater a discriminación salarial e a fenda de xénero dentro dos lugares de traballo, así o expuxo Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, na súa intervención hoxe no acto Rexistro retributivo, auditoría salarial e plan de igualdade na peme: requisitos, obrigas e impacto, organizado pola Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas (Aedipe) en Vigo.

Mancha destacou as melloras en xustiza social que poden ofrecer as auditorías dos plans de igualdade dentro das empresas, contribuíndo deste xeito a un entorno laboral máis san e xusto coas mulleres traballadoras, espírito ao que se quere contribuír co lanzamento en setembro dun seminario web para explicar os requisitos esixidos pola administración para os plans de igualdade no entorno laboral, de acordo ás obrigas recollidas no recente desenvolvemento regulamentario da Lei de igualdade de oportunidades do 2007.

A directora xeral, que estivo acompañada na xornada pola xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Marta Mariño, explicou varias das medidas adoptadas xa pola Xunta en relación ao fomento, formación e sensibilización na igualdade laboral como son, dunha banda, a aprobación en Diálogo Social dunha formación mínima de 8 horas para facilitar a negociación dos plans de igualdade e, por outra, unha liña de axudas económicas para pemes e micropemes para afrontar os gastos de elaboración destes plans de igualdade e a implementación de medidas dirixidas a favorecer a corresponsabilidade e o teletraballo.

Outras das medidas impulsadas polo Executivo autonómico, detallou Mancha, son a publicación na web www.aigualdadelaboral.com dunha guía para a elaboración destes plans en cinco pasos, así como ferramentas de autodiagnose da igualdade de xénero dentro da empresa e formacións específicas en liña sobre retribucións, teletraballo e conciliación.

Categorías

Actualidade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
26 Maio 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A Xunta acompaña á firma Isonor no estreo das súas novas oficinas da Coruña e destaca o seu labor en prol da igualdade laboral e a prevención de riscos
25 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta incide en Culleredo na importancia de promover campañas para reforzar a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais
25 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€
23 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.