• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o webinario da Xunta ‘A corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa’.
  • Reivindicou a implicación das empresas, pero tamén de sindicatos, persoas traballadoras, familias e Administración pública cara á igualdade laboral.
  • A xornada contou coa participación de responsables de recursos humanos de firmas con experiencia en igualdade laboral como Hijos de Rivera, Finsa e Ciesa.

 

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o webinario da Xunta sobre A corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa onde defendeu a implantación destas medidas de igualdade laboral para mellorar o clima nos espazos de traballo e mesmo reter o talento feminino.

“As empresas, como entidades empregadoras, poñen ao dispor do seu persoal tanto mulleres como homes unha serie de medidas que teñen como obxectivo a compatibilización do seu posto de traballo co tempo que necesitan para realizar outras actividades”, especificou a directora xeral.

O webinario de hoxe trasladou aos interesados as medidas concretas impulsadas pola Xunta como a necesaria análise das medidas implantadas para facilitar a conciliación persoal, familiar e laboral cara a promover o exercicio corresponsable destes dereitos. “A empresa, a través do plan de igualdade, debe analizar se as súas condicións de traballo dificultan o exercicio de maneira corresponsable do coidado de menores, persoas con discapacidade ou maiores”, indicou Mancha.

A Xunta defende a implicación neste proceso en favor da igualdade laboral de todos os suxeitos implicados. Así, a directora xeral reclamou o papel das empresas, pero tamén das organizacións sindicais “negociando as medidas de corresponsabilidade axeitadas”; das Administracións Públicas “sensibilizando, fomentando, promovendo estas medidas”; das persoas traballadoras “comprometéndose coa igualdade e exercitando o seu dereito á conciliación dunha forma responsable” e das familias para “dar resposta á necesidade de compaxinar o traballo remunerado cos traballos do fogar”.

Mancha destacou na súa intervención que ademais de que as medidas que garanten a igualdade efectiva entre homes e mulleres constitúen xa unha obriga para todas as empresas, a súa consolidación, ademais de reportar beneficios nas familias, favorece a redución do absentismo laboral por causa de estrés e ansiedade, aumenta a produtividade das entidades, mellora o clima laboral, permite captar e reter talento e mellorar a imaxe das empresas. “Contribúen a reforzar a súa responsabilidade social empresarial”, fixo énfase.

A Xunta convidou á xornada de hoxe a empresas galegas pioneiras na implantación de medidas de conciliación para compartir a súa experiencia. Así participaron na xornada os responsables de recursos humanos e/ou relacións laborais da cerveceira Hijos de Rivera, S.L, da madereira Finsa e da consultora de enxeñaría Ciesa.

 

Descargar PDF

Categorías

Igualdade Emprego

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Decembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
As achegas á igualdade laboral no ano 2022
22 Decembro 2022
O ano 2022 foi un período no que desde a Xunta de Galicia...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022
20 Decembro 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,...
SEGUIR LENDO >
Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
20 Decembro 2022
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.