Situar ás mulleres na plena igualdade cos homes e conseguir un emprego digno e estable para a independencia económica son dous dos factores clave das políticas de emprego e igualdade impulsadas dende a Xunta de Galicia, recalcou a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, na clausura do III Foro da Muller, organizado pola asociación Empresarias de Galicia en Sanxenxo (Pontevedra).

A directora xeral valorou a importancia dunha igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que “supón a mellora na competitividade” das empresas. Mancha valorou o impulso dende febreiro deste ano ás formacións específicas de ata 8 horas en plans de igualdade e diversos seminarios web en materia de conciliación. No eido da conciliación, recalcou a titular de Relacións Laborais, a empresa “é garante” dese dereito, que proporciona no traballo “a retención de talento feminino” e o benestar para manter un emprego de calidade e atender á necesaria responsabilidade social aparellada ás empresas xa que “empoderar ás mulleres pode transformar a vida e a sociedade”, incidiu a representante da Xunta.

Mancha quixo dirixirse, tamén, ás empresarias galegas, ás que dixo que teñen “a oportunidade de dar exemplo” na aplicación das medidas de igualdade dentro dos lugares de traballo nos que son responsables e á súa vez “demostrar que son empresas sustentables, competitivas e responsables socialmente”, declarou. Dentro do Goberno galego tamén é esencial a transformación dentro do social nas empresas, co combate aos estereotipos de xénero e cunha “mellora do clima laboral” que vai provocada por un trato igualitario dentro do traballo e unha retribución salarial equitativa e xusta, destacou a directora xeral, que permita “o acceso sen trabas” da muller a postos de responsabilidade, favorecendo así o ascensor social e a ruptura dos chamados “teitos de cristal”.
A directora xeral non quixo esquecer ás vítimas por violencia de xénero, área que, defendeu, vai intrinsecamente relacionada co emprego e a igualdade. Son a seguridade e a independencia económica da muller, detalla o 6º informe da Fundación Adecco, os que poderían ser elementos decisivos para reunir a forza necesaria para denunciar e abrir paso aos procesos xudiciais por violencia de xénero.

Categorías

Actualidade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
26 Maio 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A Xunta acompaña á firma Isonor no estreo das súas novas oficinas da Coruña e destaca o seu labor en prol da igualdade laboral e a prevención de riscos
25 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta incide en Culleredo na importancia de promover campañas para reforzar a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais
25 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€
23 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.