Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes afondar sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.
Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.
O curso estará composto por actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
Así, o curso de 5 horas de duración constará dunha parte pre-gravada (módulo asíncrono) e dunha sesión en liña (módulo síncrono).
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do curso.
O curso levarase a cabo entre o 29 de maio e o 29 de xuño do 2023 e constará dunha parte pre-gravada (módulo asíncrono) e dunha sesión en liña (módulo síncrono).
A duración do curso será de 5 horas e este adecuarase á siguinte estrutura:
Este módulo estará composto por pílulas formativas de 2 horas de duración (asíncronas) a través das cales o docente exporá os contidos formativos sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo. Ase mesmo, o alumnado disporá de documentación soporte para o entendemento da materia.
Neste caso, levarase a cabo unha sesión en liña de 3 horas de duración.
Programaranse 3 sesións en liña de tal forma que as persoas participantes poderán asistir á sesión que mellor lles encaixe:
As alternativas son:
Hai un total de 100 prazas!
Tan só poderán participar as persoas que dispoñan do certificado de aproveitamento do curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10 h).
A responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral.
Entre o 29/05/2023 e o 29/06/2023.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 26 de maio de 2023.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.
Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia