5º Edición: Curso teórico-práctico para a protección integral fronte ao acoso no traballo (15 h)
Todo o que debes coñecer sobre a protección fronte ao acoso no entorno laboral
Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de conductas que poden ser constitutivas do mesmo, así como sobre a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.
Trátase da unificación dos contidos do Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo (10h) e o Curso teórico práctico para a protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo (5h).
Docente
Sandra García Lombardía, Inspectora de traballo e seguridade social.
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por un módulo teórico e un módulo práctico que combinarán elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.
Que inclúe este curso?
- A normativa en materia de acoso no traballo, con especial referencia ao convenio 190 da OIT
- Os distintos tipos de acoso que poden darse nunha relación de traballo: acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso discriminatorios (con especial atención ao acoso por razón de sexo e por razón de orientación sexual e/ou expresión de xénero) e acoso moral ou mobbing.
- As obrigacións das empresas de prevención e protección fronte ao acoso laboral
- A protección e dereitos das vítimas do acoso laboral
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
O curso levarase a cabo entre o 18 de marzo e o 18 de abril do 2024 e constará dunha parte pre-gravada (módulo teórico asíncrono) e de sesións en liña (módulo práctico síncrono).
A duración do curso será de 15 horas e este se adecúa á seguinte estrutura:
- Módulo teórico (6 h)
- Módulo práctico (9 h)
Módulo teórico
Este módulo estará composto por pílulas formativas de 6 horas de duración (asíncronas) a través das cales a docente exporá os contidos formativos do curso que estarán desagregados en dez temas vinculados a materia:
Tema 1: Marco normativo internacional e interno. Disposicións nas normativas de interese. Especial referencia ao acordo marco Europeo sobre violencia e acoso no traballo de 2007 e ao Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso no mundo do traballo
Tema 2: Aproximación conceptual ao acoso no traballo: Concepto de acoso no Convenio 190 da OIT. Tipoloxía de acosos: sexual, por razón de sexo, por razón de orientación sexual, expresión ou identidade de xénero, outros acosos discriminatorios e acoso moral, psicolóxico ou mobbing. Violencias dixitais e ciberacoso
Tema 3: Consecuencias psicolóxicas do acoso. Algunhas cifras e estatísticas sobre o acoso no traballo
Tema 4: Fundamento normativo do deber de protección do empregador/a fronte ao acoso no traballo
Tema 5: Tratamento destas conductas dende a perspectiva da seguridade e saúde no traballo
Tema 6: O protocolo para a prevención e tratamento do acoso no traballo. Negociación e contido
Tema 7: Tutela administrativa fronte ao acoso no traballo (Inspección de traballo)
Tema 8: Tutela xudicial na orde social e na orde penal fronte ao acoso no traballo
Tema 9: Breve referencia ao tratamento do acoso nas Administracións Públicas
Tema 10: Violencias de xénero e violencias sexuais: Dereitos e garantías das vítimas
Módulo práctico
Neste caso, levarase a cabo 3 sesións en liña de 3 horas de duración nas que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:
- Responder satisfactoriamente, polo menos, o 70% das cuestións expostas nun dos test de avaliación que figura no módulo teórico
- Asistir e participar activamente na 2º e 3º sesión práctica en liña que se celebran os luns 8 e 15 de abril, respectivamente.
Protección integral fronte ao acoso no traballo
- 15 horas
- Do 18 de marzo ao 18 de abril de 2024
- Prazas limitadas segundo orde de inscrición
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
En concreto, a responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral (Responsable de recursos humanos; persoas técnico; persoal de administración).
Carácter preferente
Hai un total de 100 prazas!
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por contra propia.
Duración
Entre o 18/03/2024 e o 18/04/2024.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 14 de marzo de 2024.
Prazas limitadas.
- 10 temas (15 horas)
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móvil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completalo curso