1º Edición: Curso sobre discriminación por xénero. Lexislación e xurisprudencia (15 h)

Todo o que debes coñecer sobre a discriminación por xénero

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos teóricos e ferramentas prácticas que é necesario coñecer para entender correctamente os mandatos normativos e para aplicar e interpretar leis e sentenzas.

Trátase dun curso de 15 horas de duración que complementa os cursos onde se estudan as leis e sentenzas nas diversas materias sobre igualdade, pois o contido do mesmo non é estudar esas leis e sentenzas, senón as chaves a través das cales poidamos comprender o súa finalidade e alcance.

Docentes

Juana María Gil Ruíz, Catedrática de Fisolofía do Dereito na Universidade de Granada

José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Ricardo Pedro Ron Latas, Profesor de Dereito do Traballo na Universidade da Coruña

Isabel Olmos Parés, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Raquel Naveiro Santos, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Yolanda Maneiro Vázquez, Profesora de Dereito do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela

Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Vigo

Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo

Silvia Fernández Martínez, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela

Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social.

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por 12 temas formativos impartidos de forma pre-gravada por persoas expertas na materia.

Adicionalmente, levarase a cabo unha sesión en liña voluntaria de 1 hora de duración na que o alumnado conectarase de maneira  síncrona xunto coa persoa docente, José Fernando Lousada Arochena, permitindo que as persoas participantes teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.

Que inclúe este curso?

O curso está composto por 12 temas formativos:

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O curso levarase a cabo entre o 9 de setembro e o 10 de outubro do 2024 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividades asíncronas) e unha sesión en liña de carácter voluntario de 1 hora de duración co obxectivo de resolver posibles dúbidas e afondar sobre a materia.

Esta sesión en liña celebrarase o mércores 25 de setembro de 16:30 a 17:30 horas. Con anterioridade á sesión, recomendase que o alumnado visualice a pre- gravación asíncrona e revise a documentación que está a súa disposición na plataforma de teleformación.

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Visualizar as pílulas audiovisuais.
  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous tests de avaliación que figuran no curso.

Discriminación por xénero

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral, en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 09/09/2024 e o 10/10/2024.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 6 de setembro de 2024.

Máis cursos en liña