1º Edición: Curso sobre discriminación por xénero. Lexislación e xurisprudencia (15 h)
Todo o que debes coñecer sobre a discriminación por xénero
Este curso, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes, afondar en conceptos teóricos e ferramentas prácticas que é necesario coñecer para entender correctamente os mandatos normativos e para aplicar e interpretar leis e sentenzas.
Trátase dun curso de 15 horas de duración que complementa os cursos onde se estudan as leis e sentenzas nas diversas materias sobre igualdade, pois o contido do mesmo non é estudar esas leis e sentenzas, senón as chaves a través das cales poidamos comprender o súa finalidade e alcance.
Docentes
Juana María Gil Ruíz, Catedrática de Fisolofía do Dereito na Universidade de Granada
José Fernando Lousada Arochena, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Ricardo Pedro Ron Latas, Profesor de Dereito do Traballo na Universidade da Coruña
Isabel Olmos Parés, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Raquel Naveiro Santos, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Yolanda Maneiro Vázquez, Profesora de Dereito do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela
Jaime Cabeza Pereiro, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Vigo
Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo
Silvia Fernández Martínez, Profesora de Dereito do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social.
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por 12 temas formativos impartidos de forma pre-gravada por persoas expertas na materia.
Adicionalmente, levarase a cabo unha sesión en liña voluntaria de 1 hora de duración na que o alumnado conectarase de maneira síncrona xunto coa persoa docente, José Fernando Lousada Arochena, permitindo que as persoas participantes teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo.
Que inclúe este curso?
O curso está composto por 12 temas formativos:
- Tema 1. A muller no discurso xurídico: a teoría feminista do dereito
- Tema 2. Prexuizos de xénero e relacións laborais
- Tema 3. Discriminación directa e indirecta
- Tema 4. Acoso sexual e acoso sexista: conceptos xerais
- Tema 5. Os dereitos de conciliación como dereitos fundamentais
- Tema 6. Discriminación por asociación
- Tema 7. Mulleres e discriminación múltiple e interseccional: Concepto. Recoñecemento
- Tema 8. Mulleres: idade e discapacidade
- Tema 9. Mulleres LGTBI e mulleres inmigrantes
- Tema 10. Dixitalización do traballo e discriminación por xénero
- Tema 11. Tutela administrativa e xudicial
- Tema 12. Axuizamento con perspectiva de xénero e interseccional
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
Esta sesión en liña celebrarase o mércores 25 de setembro de 16:30 a 17:30 horas. Con anterioridade á sesión, recomendase que o alumnado visualice a pre- gravación asíncrona e revise a documentación que está a súa disposición na plataforma de teleformación.
Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:
- Visualizar as pílulas audiovisuais.
- Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous tests de avaliación que figuran no curso.
Discriminación por xénero
- 15 horas
- Do 9 de setembro ao 10 de outubro de 2024
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral, en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 09/09/2024 e o 10/10/2024.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 6 de setembro de 2024.
- 12 temas (15 horas)
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móvil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o curso