13º Edición: Curso básico en igualdade laboral (8h)

Adáptate á nova normativa estatal en materia de igualdade

Este curso, totalmente gratuíto, facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo.

Docentes

Aprende ao teu ritmo

Composto por 3 módulos impartidos de forma pre-gravada por persoas expertas na materia.
O alumnado poderá acceder aos contidos formativos, ás pílulas audiovisuais e ás preguntas frecuentes correspondentes a cada un dos módulos que comprende o curso durante todo o período de realización do mesmo.

Que inclúe este curso?

Módulo 1: Negociación do Plan de Igualdade

  •  Referencia breve á normativa reguladora (Lei de igualdade, reforma do ano 2019 e RD 901 e 902/20)
  • Que é un Plan de Igualdade
  • Obrigatoriedade e voluntariedade na negociación de Plans de Igualdade
  • Determinación do número de persoas que compoñen o cadro de persoal
  • Prazos para levar a cabo a negociación
  • Comisións negociadoras
  • Competencias das Comisións Negociadoras
  • Procedemento de negociación
  • Dereitos e obrigas das persoas negociadoras

Módulo 2: Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación

  • Contidos dos Plans de igualdade. A diagnose. Contido mínimo
  • Vixencia e duración
  • Seguimento e avaliación. A importancia do seguimento
  • Revisión do Plan Rexistro
  • Práctica sobre un plan real

Módulo 3: Rexistro e auditoría retributiva

  •  Igualdade retributiva. Rexistro salarial e auditoría salarial
  • Principio de transparencia retributiva
  • Obriga de igual retribución por traballo de igual valor
  • Normas xerais sobre o rexistro retributivo
  • Rexistro retributivo nas empresas con auditoría retributiva
  • Concepto de auditoría retributiva
  • Contido de auditoría retributiva
  • Valoración de postos de traballo
  • Alcance da tutela administrativa e xudicial
  • Protocolo de prevención de acoso sexual e por razón de sexo

Igualdade Laboral

Nivel básico

A quen vai dirixido?

Personal laboral de pemes galegas e interlocutores sociais de Galicia.

Duración

Entre o 06/02/2024 e o 06/03/2024.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 2 de febreiro de 2024.
Prazas limitadas.

Máis cursos en liña