• A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación dos XXXII Encontros Estatais LGTBI que, co apoio da Xunta, se celebrarán do 21 ao 23 de outubro na Coruña

  • Puxo en valor o traballo da Administración autonómica con asociacións, organizacións e colectivos LGTBI no marco do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para promover a igualdade efectiva

  • Destacou o labor de Alas Coruña, a entidade que organiza os encontros, e sinala o compromiso do Goberno galego co movemento asociativo LGTBI

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe na Coruña que a Xunta está a elaborar un estudo sobre a situación laboral do colectivo LGTBI para coñecer a súa realidade concreta e poñer en marcha, en colaboración co tecido empresarial, medidas para facer fronte a posibles discriminacións.

Na presentación dos XXXII Encontros Estatais LGTBI, que organiza Alas Coruña, co apoio da Xunta, López Abella ratificou o compromiso do Goberno galego co colectivo LGTBI e puxo en valor o traballo da Administración autonómica con asociacións, organizacións e colectivos LGTBI no marco do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para promover unha igualdade efectiva de oportunidades.

López Abella lembrou que precisamente no último Pleno do Observatorio, que se celebrou o pasado mes de xuño, abordouse a elaboración deste estudo e presentouse o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais que está a desenvolver a Xunta en cooperación co Consello da Cultura Galega. Trátase dun traballo didáctico, unha exposición que se levou a cabo de maneira itinerante polos centros escolares de Galicia para insistir na importancia da sensibilización entre as mozas e mozos para que se eduquen nos principios de non discriminación e igualdade desde idades temperás.

A secretaria xeral da Igualdade tamén apuntou que o regulamento de funcionamento deste Observatorio recolle un procedemento específico para a tramitación de denuncias que foi elaborado da man das entidades que compoñen este organismo, as entidades LGTBI máis representativas de Galicia.

Así mesmo, referiuse ao compromiso do Goberno galego co movemento asociativo LGTBI apuntando que en 2022 asináronse convenios de colaboración con sete colectivos, entre eles Alas Coruña, para apoiar ás entidades que levan a cabo actividades e programas dirixidos á promoción da igualdade de oportunidades e da visibilidade, sensibilización e non discriminación do colectivo LGTBI. “O obxectivo da Xunta é garantir que todas as persoas, sen importar a súa orientación sexual e identidade de xénero, poidan exercer plenamente os seus dereitos con dignidade e liberdade”, salientou López Abella.

Categorías

Actualidade igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Decembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
As achegas á igualdade laboral no ano 2022
22 Decembro 2022
O ano 2022 foi un período no que desde a Xunta de Galicia...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022
20 Decembro 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,...
SEGUIR LENDO >
Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
20 Decembro 2022
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.