• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha xornada na Facultade de Dereito de Ourense sobre violencia e acoso nas relacións laborais

Ourense, 30 de novembro de 2022 A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na presentación do protocolo Violencia e acoso nas relacións laborais 360º organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais na Facultade de Dereito de Ourense, onde puxo en valor a labor divulgativa que a Xunta está a facer para detectar e previr o acoso no eido laboral e para acadar a igualdade nestas contornas.

Mancha aludiu na súa intervención á necesidade de potenciar a presenza feminina no mercado de traballo, de loitar contra fenda salarial e contra a dificultade das traballadoras no acceso a postos de liderado e de previr o acoso e os problemas de saúde mental que por causa de xénero afectan ás mulleres. “É fundamental que loitemos contra estas tendencias formando e sensibilizando en igualdade ás novas xeracións”, incidiu.

O Consello Galego de Relacións Laborais conta con ferramentas para detectar e actuar contra o acoso, como un consensuado cos axentes sociais. A Xunta ten a dispor das pemes unha guía para a implantación das medidas dese protocolo e ofrece curso específico de 10 horas de duración sobre a materia que leva cinco edicións celebradas, cun total de 223 persoas participantes, a través do campus virtual de formación en igualdade laboral.

“É totalmente necesario que todas as administracións, axentes sociais, e empresas presten a máxima atención a este problema e consigan a sensibilización d a poboación traballadora”, remarcou a directora xeral.

Categorías

Actualidade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Decembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
As achegas á igualdade laboral no ano 2022
22 Decembro 2022
O ano 2022 foi un período no que desde a Xunta de Galicia...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022
20 Decembro 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,...
SEGUIR LENDO >
Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
20 Decembro 2022
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.