• A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe un curso celebrado pola Asociación de centros especiais sen ánimo de lucro (Cegasal) para a promoción da igualdade laboral nestas empresas

A Xunta de Galicia e a Asociación empresarial galega de centros especiais sen ánimo de lucro (Cegasal) inauguraron hoxe un curso de 12 horas de duración sobre a elaboración de plans de igualdade nos centros especiais de emprego, co que a Unidade de Muller e Discapacidade desta entidade estreou o seu programa de actividades centradas na non discriminación no eido laboral. A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, incidiu na presentación en liña desta formación na necesidade de avanzar para evitar a dobre discriminación que sofren as mulleres con discapacidade no mercado laboral.
“Para conseguir e ir reducindo as dificultades de acceso ao mercado de traballo que teñen as mulleres discapacitadas, é fundamental a formación dos mandos e responsables das empresas asociadas a Cegasal”, afirmou a directora xeral. Segundo relatou, as mulleres con discapacidade presentan “as peores cifras” en todas as variables relacionadas co emprego, “non soamente respecto dos homes, senón tamén respecto das persoas sen discapacidade en idade laboral”.
Neste sentido, Mancha lembrou a obrigatoriedade de que as empresas cumpran cos mandados legais en materia de discapacidade e inclusión social e tamén que as entidades sen ánimo de lucro fagan efectiva a igualdade entre mulleres e homes.
Para a directora xeral é fundamental que as empresas por enriba de 50 persoas traballadoras elaboren o seu plan de igualdade (están obrigadas desde o próximo 7 de marzo), pero tamén que as de menor tamaño “adopten medidas que eliminen as desigualdades mediante a realización do rexistro retributivo e protexan ás mulleres de violencia no traballo mediante a posta en marcha de accións de protección contra o acoso sexual e por razón de sexo”.
A Xunta de Galicia está asumir “un papel activo e de impulso continuado das políticas de igualdade a nivel transversal”, remarcou Mancha, quen incidiu en que o obxectivo da Administración galega son as empresas e as persoas que traballan nelas, que deben coñecer os mecanismos para acadar a igualdade desexada. “Temos que loitar contra as discriminacións de xénero como a fenda salarial ou o teito de cristal que o único que fan é lastrar a competitividade das empresas e o avance da sociedade”, explicou.
O curso hoxe estreado, apoiado pola Xunta, celebrarase ata o 24 de marzo. De carácter teórico-práctico realizarase no entorno dixital e terá unha duración de 12 horas distribuídas en catro sesións.
A formación está dirixida a xerentes e responsables de recursos humanos dos centros especiais de emprego asociados a Cegasal co obxectivo de dotalos dos coñecementos e habilidades técnicas necesarias para que poidan elaborar un plan de igualdade. Os inscritos recibirán tamén información sobre outras medidas relacionadas coa igualdade laboral na empresa para aplicalas no seu quefacer diario.
Un total de 13 persoas participan na actividade, en representación de 9 centros especiais de emprego.

Categorías

Actualidade Formación Igualdade Plan de igualdade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€
23 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Un total de 3.765 contratos temporais de mulleres transformáronse a indefinidos no último ano en Galicia grazas as actuacións da inspección laboral
20 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta destaca a importancia de promover nos centros de traballo accións para facer fronte ao estrés e previr os riscos psicosociais
19 Maio 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Que é o currículo cego?
19 Maio 2022
A igualdade de trato entre mulleres e homes aplicable...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.