• A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pechou en Lugo o foro da Asociación de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur): ‘A forza das mulleres rurais’

  • Incidiu na necesidade de que administracións e sociedade sumen forzas para avanzar na loita contra as desigualdades que afectan á muller nesas contornas

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a xornada A forza das mulleres rurais -organizada en Lugo pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur)- onde incidiu no papel das mulleres galegas do rural como “axentes de cambio” e instou ás administracións, empresas e sociedade a “sumar forzas” e evitar as desigualdades que lles afectan. Neste foro, a conselleira anunciou que a Xunta está a traballar nun Estatuto da Muller Rural e do Mar que se incorporará proximamente á nova lei de igualdade de Galicia.
O Estatuto, no que a Xunta está a traballar “intensamente” para que vexa a luz canto antes, especificou Lorenzana, recoñecerá os dereitos destas mulleres con atención ás súas particularidades asociadas. “É positivo e comprensible o seu desenvolvemento”, reflectiu a conselleira, quen incidiu na súa intervención na necesidade de valorizar á muller rural e de consolidar o seu movemento asociativo.


“Aínda hoxe non somos plenamente conscientes da débeda que temos coas mulleres rurais, axentes indispensables na supervivencia (nas épocas máis complexas) e o avance socioeconómico do noso territorio”, amosou Lorenzana, quen recalcou que “as mulleres rurais foron, son e serán auténticas axentes de cambio” e “son protagonistas por dereito, pero tamén polo incalculable mérito das súas achegas, no desenvolvemento socioeconómico do territorio”.
Lorenzana animou ao tecido asociativo, ás administracións e á poboación a sumarse á forza das mulleres rurais para “mellorar aspectos que a día de hoxe aínda seguen influíndo negativamente nas mulleres, implicando discriminación e desigualdade por razón de xénero”. Remarcou algúns aspectos nos que incidir: eliminar a brecha de xénero, promover a corresponsabilidade e a conciliación, garantir a igualdade de oportunidades e de retribución, incentivar o liderado e a promoción profesional das mulleres, potenciar o emprendemento feminino, facer máis accesibles as novas tecnoloxías ou fortalecer o movemento asociativo de mulleres rurais.
Algúns indicadores evidencian que as mulleres rurais son impulsoras de avances económicos e sociais. Tal como enumerou a conselleira, Galicia conta cun sector primario que mellora a súa competitividade e as súas condicións de traballo. Á vez estanse a xerar sinerxías con outros sectores en auxe, como o sector servizos, que xa representa máis do 40% do PIB no ámbito rural.
Xornadas como a de hoxe, afirmou a titular de Emprego e Igualdade, “serven para visibilizar a resistencia e o vigor que as nosas aboas e nais, as nosas devanceiras, demostraron durante toda a vida para forxar un pasado, un presente e un futuro que hoxe desfrutamos e que debemos agradecer”.

Categorías

Actualidade Igualdade

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
A Xunta distinguirá o traballo das empresas en materia de responsabilidade social e conciliación
05 Outubro 2022
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade,...
SEGUIR LENDO >
A Xunta promove a perspectiva de xénero na seguridade a bordo dos buques nunha visita á escola marítimo-pesqueira de Ribeira
04 Outubro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Máis de 110 pemes participan no programa ‘Responsabilízate’ da Xunta para incorporar a responsabilidade social e ambiental aos seus negocios
03 Outubro 2022
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022  A directora...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
29 Setembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.