Webinar “Muller e saúde laboral: diversidade, equidade e igualdade” do ISSGA

Dende a Dirección Xeral de Relacións Laborais informamos do webinar “Muller e saúde laboral: diversidade, equidade e igualdade”  promovido polo  Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) que terá lugar este xoves 14 de outubro ás 10:30h 

Webinar realizado en colaboración con Fraternidad-Muprespa, no que se exporán o modelo de muller na sociedade actual, tratando temas como a saúde laboral, a prevención de riscos laborais en clave de xénero e as medidas de diversidade, conciliación, equidade e igualdade que necesitan as nosas organizacións.

Analizaranse as acción crave:

 

  • Iniciativas a favor da diversidade para abordalo atendendo a esixencias do traballo en relación coas capacidades individuais e de saúde
  • Identificación, avaliación e xestión de riscos ergonómicos e psicosociais
  • Contorna laboral da muller e liderado. División sexual do traballo. Políticas flexibles (temporais e espaciais) con efectos positivos no benestar laboral
  • Equidade e xénero. Conceptos, tratamento legal, contorna laboral da muller. Aspectos psicosociais que afectan directamente á saúde laboral da muller
  • Diversidade física de xénero (datos e estatísticas)

 

Ligazón para ampliar a información do webinar

Par máis información:  issga.formacion@xunta.gal