A Consellería de Emprego e Igualdade conmemorou onte o Día Europeo pola Igualdade Salarial entre Mulleres e Homes cun evento no que participaron a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, representantes sindicais, da universidade e de colectivos profesionais, e no que se contou coa presenza de empresas galegas que expuxeron as súas boas prácticas para romper cas discriminacións por razón de xénero:
- Coruñesa de etiquetas SL (CORETI). A Coruña.
- Bodegas Martin Codax SAU. Pontevedra.
- Hermanos Toimil García SL (GRUAS TOIMIL). Pontevedra.
Agora xa se pode visualizar a pílula audiovisual do evento a través do noso campus on line. Se xa se completou o rexistro, basta con utilizar as credenciais e acceder a través do ”Inicio do sitio”.