Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero

No marco do principio de igualdade entre mulleres e homes e a non discriminación, a Directiva (UE) 2024/1385 do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de maio de 2024, sobre a loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, ten como propósito, proporcionar un marco integral para previr e combater eficazmente a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.

A lei 7/23 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia regula a RSE das empresas en materia de igualdade. Como se recolle nesta Directiva, as persoas con funcións de supervisión no lugar de traballo, tanto no sector público como no privado, e as entidades empregadoras, deberán recibir información sobre os efectos da violencia contra as mulleres e a violencia doméstica no traballo e sobre o risco de violencia exercida por terceiros.

Por conseguinte, destacar que esta Guía é pioneira na aplicación da Directiva (EU) 2024/1385, e que como obxectivo xeral prestar apoio ás empresas e ás persoas traballadoras na prevención e a erradicación da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres.

Se concibe como unha ferramenta de apoio dirixida a aquelas empresas que decidan adherirse a súa implementación, comprometéndose activamente a difundir este recurso entre os seus equipos. Este recurso ofrece orientacións básica que poden facilitar a identificación de situacións nas que unha traballadora estea sendo vítima de violencia de xénero na súa contorna persoal, ademais de pautas para solicitar axuda e afrontar a situación traumática que poidan estar vivindo.

Cómo adherirse?

Se estas interesado en adherirte ao programa de prevención da violencia de xénero a través da difusión entre o cadro de persoal da “Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa”, só tes que cumprimentar e firmar o seguinte anexo de adhesión e remitilo ao correo: dxviolenciaxenero.politicasocial@xunta.gal

Selo empresa comprometida coa violencia de xénero

A Xunta de Galicia outorga un novo recoñecemento as empresas comprometidas coa violencia de xénero. Esta iniciativa pon en valor o impulso que as empresas galegas estanlle dando á implantación de iniciativas como a Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para as empresas.

Este selo distingue ás empresas como axentes creadores de valor compartido e as sitúa como primeiras en avanzar cara un novo concepto de empresa comprometida coas situacións de violencia de xénero e que busca a súa total erradicación.

Rede de empresas

Coñece as entidades prescriptoras desta iniciativa:

Lei 7/23 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

A lei 7/23 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia regula a RSE das empresas en materia de igualdade: As empresas poderán asumir voluntariamente accións en materia de responsabilidade social coa finalidade da consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no seu medio social, a través de medidas económicas, comerciais, laborais, sindicais, asistenciais, medioambientais ou doutra índole, facendo súas as preocupacións sociais nesta materia e atendendo ás mesmas, tanto no desenvolvemento da súa actividade como nas relacións cos seus grupos de interese. En particular, as empresas poderán asumir voluntariamente accións en materia de responsabilidade social para garantir a igualdade entre mulleres e homes.