O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición para esta formación en liña en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado: a adaptación da xornada de traballo, a ordenación do tempo e a forma de prestación.
A sesión en liña terá lugar o 12 de decembro de 16:00h a 20:00h e contará coa presenza de:
- Emma Rodríguez Rodríguez, Profesora de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo. Vocal asesora no Ministerio de Traballo e Economía Social
- Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais.
- A empresa Garmir Mantemento e Servizos industriais SL que exporá a súa experiencia de como integrar o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado.
Pódese consultar toda a información no campus online. O prazo de inscrición estará aberto ata o 07 de decembro (incluído).