• O delegado da Xunta na Coruña destacou que a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é, cada vez máis, un criterio que as empresas incorporan para proxectarse externamente e conseguir recoñecemento. Os beneficios que reporta esta dinámica son amplos: mellora a imaxe, capta novos mercados e atrae novo talento

A Coruña, 27 de outubro de 2022.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá, na apertura da III xornada “A igualdade, un activo para a empresa”. Na súa intervención destacou que con esta nova edición este encontro consolídase como unha excelente idea e como un vehículo ideal de posta en común de experiencias e coñecementos.

Neste senso, apuntou que “a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é, cada vez máis, un criterio que as empresas incorporan para proxectarse externamente e conseguir recoñecemento. Os beneficios que reporta esta dinámica son amplos: mellora a imaxe ante a súa clientela, capta novos mercados e atrae novo talento”

Trenor subliñou que a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade aspira a promocionar a mellor versión das empresas e avanzar cara a unha Galicia máis social, económica e medioambientalmente responsable e unida. A nova Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, en tramitación na actualidade, introduce e senta as bases do concepto de benestar laboral, ao que se dedica un capítulo enteiro.

O reprentante do Goberno galego lembrou que a “O Goberno galego pon a disposición das empresas un paquete de ferramentas tecnolóxicas, cun sistema de autoavaliación orientado a que as empresas elaboren os seus plans de igualdade, que como sabedes, é xa obrigatorio para compañías de 50 ou máis empregados e altamente recomendables para o resto”.

Trenor rematou lembrando que “Galicia está a realizar unha aposta decidida pola conciliación, á que a consellería destinou 16 millóns de euros en 2022.

Categorías

Actualidade igualdade laboral

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Últimos días para inscribirse no taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”
30 Novembro 2022
O vindeiro 7 de decembro remata o prazo de inscrición...
SEGUIR LENDO >
Novidades en materia de igualdade laboral
30 Novembro 2022
Como cada mes, recapitulamos as novidades máis reseñables...
SEGUIR LENDO >
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
28 Novembro 2022
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha,...
SEGUIR LENDO >
Violencia de xénero no traballo
24 Novembro 2022
A violencia de xénero é o culmen da desigualdade estrutural...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.