Taller formativo “O diagnóstico e a mellora das condicións de traballo mediante o plan de igualdade”

Formación en liña de 5 horas y 30 minutos en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. O taller formativo levarase a cabo a través de dúas sesión en liña que se celebrarán o 14 e 22 de novembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas. Nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa LAU Creaciones Impresión Digital SL que nos exporá a súa experiencia na integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. Para apuntarse no taller hai que facelo, antes do 11 de novembro de 2022, a través do campus formativo.

Docentes, estrutura e desenvolvemento

  • Cristóbal Molina Navarrete, Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén
  • Rebeca Pérez Pico, Persoal técnico do gabinete de igualdade do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia

A duración destas sesións será de 5 horas y 30 minutos e adecuaranse á seguinte estrutura:

1º SESIÓN EN LIÑA: 14 de novembro de 2022

16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo.

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

16:10 – 17:10 h A integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. Parte I

Cristóbal Molina Navarrete. Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén

17:10 – 17:25 h Rolda de consultas

17:25 – 17:30 h Descanso

17:30 – 18:30 h Medidas de mellora. Parte I

Rebeca Pérez Pico. Persoal técnico do gabinete de igualdade de CCOO

18:30 – 18:45 h Rolda de consultas

18:45 – 19:00 h Presentación empresa convidada: 

LAU Creaciones Impresión Digital SL

 

2º SESIÓN EN LIÑA: 22 de novembro de 2022

16:00 – 17:00 h A integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo. Parte II

Cristóbal Molina Navarrete. Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén

17:00 – 17:15 h Rolda de consultas

17:15 – 18:15 h Medidas de mellora. Parte II

Rebeca Pérez Pico. Persoal técnico do gabinete de igualdade de CCOO

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir as sesións en liña programadas para os días 14 e 22 de novembro e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no contido do taller.