Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na promoción profesional con perspectiva de xénero. O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de setembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas. Nesta ocasión contarase coa presenza de Antonio Cardenas, Responsable de RRHH de ABANCA, que exporá a súa experiencia na promoción profesional con perspectiva de xénero. Para apuntarse no taller, hai que facelo antes do 22 de setembro de 2022, a través do campus formativo.
Docentes, estrutura e desenvolvemento
- Ruth Vallejo da Costa, Profesora de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Zaragoza
- Trinidad Campos, Secretaria de igualdade de UGT Galicia
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo. Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais.
- 16:05 – 17:20 h A promoción profesional con perspectiva de xénero. Ruth Vallejo da Costa.
- 17:20 – 17:45 h Rolda de consultas
- 17:45 – 17:50 h Descanso
- 17:50 – 19:05 h Medidas de mellora na promoción profesional. Trinidad Campos.
- 19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
- 19:30 – 19:35 h Descanso
- 19:35 – 20:00 h Presentación empresa convidada: Abanca. Antonio Cardenas, Responsable de RRHH
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.