Taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado: a adaptación da xornada de traballo, a ordenación do tempo e a forma de prestación.

4 horas

  •  En liña e ao teu ritmo
  •  Dispoñible no teu móbil
  •  Idioma: galego
  •  Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

  • Emma Rodríguez Rodríguez, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo. Vocal asesora no Ministerio de Traballo e Economía Social
  • Tania Bastón Vilas, Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de decembro de 2022 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Sinalar que, nesta ocasión, contarase coa presencia da empresa Garmir Mantemento e Servizos Industriais S.L. que nos exporá a súa experiencia de como integrar o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado.

Que inclúe este curso?

  • Medidas de flexibilidade horaria na entrada, saída ou durante o tempo de comida, que faciliten a conciliación.
  • As bolsas de horas e/o días persoais de libre disposición
  • As melloras na regulación dos permisos retribuídos respecto a a normativa vixente para facilitar a conciliación
  • A perspectiva de xénero no goce de permisos e licenzas
  • A igualdade de oportunidades nas persoas que se acollen a medidas temporais de conciliación na promoción e desenvolvemento profesional.
  • Medidas que fomenten a corresponsabilidade dos traballadores homes.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 4 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo.

Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais

  • 16:05 – 17:20 h O principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado

Emma Rodríguez Rodríguez. Profesora de dereicto do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo. Vocal asesora no Ministerio de Traballo e Economía Social

  • 17:20 – 17:45 h Rolda de consultas

 

  • 17:45 – 17:50 h Descanso

 

  • 17:50 – 19:05 h Medidas de mellora na conciliación e no exercicio corresponsable

Tania Bastón Vilas. Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais

  • 19:05 – 19:30 h Rolda de consultas
  • 19:30 – 19:35 h Descanso
  • 19:35 – 20:00 h Presentación empresa convidada: 

Garmir Mantemento e Servizos Industriais S.L.

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña  e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no contido do taller.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 12/12/2022 e o 19/12/2022.

O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 12 de decembro de 2022 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 19 de decembro de 2022 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 7 de decembro de 2022.

Prazas limitadas segundo orde de inscrición.

Quero inscribirme>