Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se afondará en como integrar a perspectiva de xénero en todos os aspectos do proceso de innovación.
Durante a sesión, abordarase como esta integración non só fomenta mellores resultados en termos de eficiencia e adaptación, senón que tamén contribúe a crear organizacións máis equitativas e unha sociedade máis inclusiva.
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 29 de novembro de 2024 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Como adoptar un enfoque de innovación que teña en conta a perspectiva de xénero.
Iniciativas impulsadas pola CMIC e ONU Mulleres
Inclusión da perspectiva de xénero en todas as etapas do proceso de innovación:
- Deseño
- Implementación
- Avaliación
- Ampliación
- Sostenibilidade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:30 – 16:40 h Presentación do taller
Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:40 – 18:15 h Transformación das organizacións e innovación desde a perspectiva de xénero
María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 29/11/2024 e o 06/12/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 29 de novembro de 2024 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o venres 6 de decembro de 2024 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 28 de novembro de 2024 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.