Taller 26. A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende concienciar sobre a importancia de utilizar unha linguaxe inclusiva que non discrimine ningún dos dous xéneros.

2 horas

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Manuel Vicente Bermúdez Blanco, Servizo de Normalización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo se levará a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 8 de maio de 2024 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Mostrar como a lingua pode mudar á sociedade

Mostrar como a lingua cambia constantemente

Promover a igualdade e o respecto cara a todas as persoas

Recoñecer a diversidade

Combater a discriminación

Propiciar a inclusión

Detectar linguaxe sexista

Ofrecer ferramentas de adaptación da nosa propia linguaxe

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e se adecuará á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade
Manuel Vicente Bermúdez Blanco. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Para inscribirse á xornada presencial  e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de evaluación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 08/05/2024 e o 15/05/2024.
O taller se levará a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 8 de maio de 2024 de 16:30 a 18:30 h.

Así mesmo, as personas participantes terán ata o mércores 15 de maio de 2024 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 7 de maio de 2024 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.